Este fin de semana estaremos nas Pontes.

O 22 e 23 de febreiro estaremos na 40 edición da Feira do Grelo das Pontes. Alí haberá unha mostra de razas autóctonas na que participará a Galiña de Mos. Este ano como novidade, haberá unha esposición doutros tipos de aves, organizada por afeccionados da zona.

Ponencia no Cifp A Granxa.


O pasado 14 de febreiro o Director Técnico de Avimós, Diego Rois, impartíu unha ponencia sobre a nosa raza no Centro Integrado de Formación Profesional A Granxa, en Ponteareas. Alí se falou aos alumnos do módulo de Produción Agroecolóxica, sobre as estratexis que se están a levar coa Galiña de Mos e sobre a avicultura artesá de Galicia.

En marcha máis incubacións.

Outras dúas incubacións están xa en marcha, no CEIP Francisco López Estrada no Barqueiro, concello de Mañón e no CEIP Seixalbo, en Ourense. 
Agora a esperar que salga ben...

Asistimos á presentación do Campeonato de España de Tapas.

O 13 de febreiro o presidente de Avimós Francisco Monasterio, asistíu en Lugo á presentación do primeiro Campionato de España de Tapas e Pinchos. Prticiparán representantes de todas as asociacións de hostaleiros de España. Máis información aquí.

Espectacular éxito en Xantar.

Un ano máis a nosa raza estivo presente no 21 Salón Internacional de Turismo Gastronómico-XANTAR, que se celebrou na cidade de Ourense entre o 5 e o 9 de febreiro. O restaurante da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA tivo un cheo absoluto todos os días da feira.
Xantar foi visitado por máis de 24.000 persoas.

No Congreso de Hostalería de Lugo falouse da Galiña de Mos.

O sábado 8 de febreiro celbrouse no Museo Interactivo da Historia de Lugo un Congreso Gastronómico que constou de varias charlas e preparacións relacionadas co mundo da hostalería e sobre os nosos produtos de calidade. Alí falouse da nosa raza.



Avimós na directiva de Boaga.

O mércores 5 de febreiro, celebrouse en Ourense, a Asamblea Xeral Extraordinaria de elección de cargos da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, da que é membro Avimós.
Estos son os novos membros de Xunta Directiva (2020-2023):
PRESIDENTE: D. JOSÉ BLANCO BLANCO ( presidente de Vianega)
VICEPRESIDENTE: D. JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ LAMELAS (presidente de Caldega)
SECRETARIO-TESORERO: D. LISARDO LÓPEZ BLANCO, (presidente de Asovega e Limiaga) VOCAL: Dª Mª HORTENSIA ALONSO ALONSO, (presidenta de Cachega)
VOCAL: Dª Mª HORTENSIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, (presidenta de Frieirega)
VOCAL: D. FRANCISCO JOSÉ MONASTERIO SOLVEIRA, (presidente de Avimós).




Estivemos en Fiporco.

O sábado 8 de febreiro estivemos na Feira do Porco Celta de Sarria, Fiporco. Alí asistimos cun posto da Federación de Razas Aut´cotnas de Galicia-BOAGA ofrecendo información sobre as nosas razas autóctonas.

En Vilalba máis nacementos.

Na Escola de Educación Infantil de Vilalba, naceu un lote de poliños da nosa raza. Achegámonos a explicarlles aos máis pequenos as características da nosa raza dun xeito ameno. Que ben o pasaron...





En Galdo, Viveiro naceron poliños.

Fai uns días o CEIP Plurilingüe Santa Rita en Galdo, Viveiro, recibíu uns visitantes moi especiais. Un galo e unha galiña da nosa raza visitaron o centro, o día que naceu un lote de poliños incubados tras tres semanas. Un pracer atoparse con profesoras e profesores tan implicados cos seus alumnos.








Publicadas axudas para pequenas explotacións entre outras.

Publicada a Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 18 do 28 de xaneiro de 2020).
O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de febreiro.
Na páxina web da Federación pódese descargar a normativa. Pulsar aquí
Máis información aquí

A Galiña de Mos estará en Xantar

Un ano máis a nosa raza estará presente no 21 Salón Internacional de Turismo Gastronómico-XANTAR, que se celebra na cidade de Ourense entre o 5 e o 9 de febreiro. o restaurante da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, conta cun menú especial. O teléfono de reservas é o 611 012 233.