Nun colexio de Lugo naceron poliños.

 Escola de Educación Infantil Rosalía de Castro, en Lugo, naceron poliños da nosa raza o día 21 de decembro. Foi unha cita moi especial xa que no colexio Rosalía de Castro puxéramos en marcha unha incubación, aquel fatídico 12 de marzo de 2020, cando tan só dúas horas despois se decretou o confinamento e polo tanto, a actividade se cancelou daquela. O criador Alberto Fernandez Fraga, deulles unhas fermosas nocións aos alumnos, que tamén puideron observar na aula un galo e unha Galiña de Mos.










Na feira do galo de Arteixo estivo a nosa raza.

 Na Feira do Galo de Arteixo estivo representada a nosa raza, cos exemplares que levou o criador José Manuel Velo Ferreiro, da granxa Finca O Cortizo. Levou un dos premios aos mellores exemplares.




Na feira Etiqueta Negra estivo a Galiña de Mos.

 A feira Etiqueta Negra Gourmet, celebrouse en Pontevedra entre o 10 e o 12 de decembro. Alí estivo a criadora Sandra López, de granxa Aeiroá, ofrecendo infromación sobre a súa granxa e facendo unha degustación con outros dous criadores das nosas razas bovinas autóctonas.


 

Máis cerca de autorizarse o sacrificio na explotación das nosas granxas.

O 29 de novembro o xornal La Voz de Galicia falou de nós, con referencia á Guía de Boas Prácticas que lle presentamos á Conselleria de Sanidade fai uns meses, para que autoricen aos interesados e criadores de Galiña de Mos, a realizar as instalacións necesarias para o sacrificio na explotación. Esperamos ter novidades axiña. Si queredes ver a información pinchade aquí.