Videoconferencia sobre a normativa de autorización do sacrificio na explotación de aves.

O pasado 10 de decembro saíu publicada no Boletín Oficial do Estado, unha normativa que levábamos agardando moito tempo, relacionada con permitir o sacrificio de aves na propia explotación EN DETERMINADAS CONDICIÓNS e para a venda local. Descargar normativa

Existen unha serie de requisitos para a futura autorización dos locais onde se vaia a producir este sacrificio, para aqueles que o soliciten.

A nosa idea é a de ir coordinando nos próximos días con Sanidade, a elaboración do procedemento, para os criadores de Galiña de Mos interesados.

O pasado mércores 30 de decembro, a Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, invitou a todos os interesados a unha sesión por videoconferencia dividida en dúas partes, con especial interés na segunda charla, impartida por D. José Luís Factor Rodríguez, Xefe dos servizos veterinarios de saúde pública da zona de Lalín, da Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, que falou sobre aspectos da normativa que se acaba de aprobar.

No seguinte enlace pódese ver o vídeo da videoconferencia. JOSÉ LUIS FACTOR 30 12 2020 ACVG - YouTube

Novo número de Autóctonas Galegas

Coma tódolos anos, por estas datas publicamos o número anual da revista “AUTÓCTONAS GALEGAS”. Nesta edición nº 13, hai dous interesantes artigos técnicos, o primeiro un resumo do aproveitamento de  baldíos para granxas avícolas artesanais e comercialización diferenciada; e coma o Ovo pode protexernos fronte á CoviD-19, o artigo fai unha revisión das cualidades dos ovos das galiñas, tendo en conta os diversos estudos existentes. Por último, tamén vai un resumo das poucas actividades que se pudieron celebrar neste ano tan atípico. A revista pódese consultar no seguinte enlace e tamén, no menú lateral dereito. 

Granxa Pitagudín en Cos pés na Terra.

Rubén Jordedo e a súa familia, da granxa Pitagudín de Vila de Cruces, saíron no programa Cos pés na terra, da Galega o pasado 21 de decembro. Rubén é criador de Galiña de Mos e tamén ten galiña Piñeira. No seguinte enlace pódese ver o programa.