Grandes emocións en Valdoviño


No Punto de Atención Infantil do concello de Valdoviño, o pasado día 15 de maio foi emocionante xa que, con motivo do día das familias, naceron dez poliños da nosa raza e tanto os nenos e nenas coma pais e nais, asistiron ás explicacións sobre a nosa raza.






En San Sadurniño naceron poliños da nosa raza.

Na Escola Infantil A Rolada, en San Sadurniño, naceron poliños da nosa raza, tras outra das incubacións feitas para aprendizaxe dos máis cativos.

E no Courel, a Galiña de Mos.

A nosa raza estivo representada en Seoane do Courel na feira que se celebrou o pasado 12 de maio, polo criador Roberto Raposo.

Na feira avícola de Sober estivo a nosa raza.

Na feira avícola que se elebrou o 12 de maio en Sober, participou a Galiña de Mos co criador Gonzalo Rodríguez Lamblín.

En Láncara estivo a Galiña de Mos.

O pasado 1 de maio no concello de Láncara, na Pobra de San Xiao, con motivo da celebración da feira da Tenreira Galega, a criadora Sandra López, de Granxa a Aeiroá participou con animais vivos e degustación de produtos da súa granxa.

En Mondoñedo estivo a nosa raza.


A Galiña de Mos estivo na feira As Quendas en Mondoñedo, o pasado 1 de maio. Alí estivo o criador da granxa Aves do Concello, Francisco Monasterio, na exposición de razas autóctonas que se fixo.

A Gaiña de Mos estivo na Festa da Filloa de Muimenta.

Na festa da Filloa de Muimenta, no concello de Cospeito, celebrada o 1 de maio, houbo participación da Galiña de Mos. A criadora Beatriz Canto, de Granxa As Minas participou.

A Galiña de Mos estivo na festa do champiñón de Ordes.

A nosa raza estivo na Feira do Champiñón en Ordes, representada por Mari Luz Gómez, criadora de Galiña de Mos e de Cachena. Tamén participou a criadora Cruz Grille.

Estivemos na feira do Queixo do Cebreiro.

A Galiña de Mos estivo na Feira do Queixo do Cebreiro representada polo criador Roberto Raposo, do mesmo concello de Pedrafita do Cebreiro. Celebrouse o 19 de abril.