O Galo Mos estivo na II Feira das Cervexas Artesanais de Galicia

No Pazo da Crega, no concello de Barro, Pontevedra, celebrouse o domingo 16 de novembro a BarroCervexaFest, a II Feira das Cervexas Artesanais de Galicia. 
A cociñeira e amiga Rocío Garrido do blog lacocinademiabuelo e autora do libro Cociñando coas razas autóctonas, fixo un showcooking no que cociñou galo Mos, con exemplares da granxa Mercamós, ubicada no mesmo concello de Barro.
O propietario da granxa Marcial, falou das características da crianza na súa granxa e do seu produto.

Xornadas gastronómicas do Galo Mos no Restaurante Río Lea

Un ano máis o restaurante Río Lea en Castro Riberas de Lea, concello de Castro de Rei, Lugo, organiza xunto coa granxa "Chousa do Lea" de onde proveñen os galos, unhas xornadas do "GALO da RAZA MOS" que se celebrarán do 14 de novembro ao 8 de decembro.
Unha interesante proposta que nos fan os organizadores para degustar este manxar.