Achégase unha Semana Verde 2014 chea de actividades.

Do 12 ao 15 de xuño deste ano vaise celebrar unha nova edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia,  no recinto Feiral de Silleda (Pontevedra). Existen moitas actividades e varias novidades, xa que tras o parón do ano pasado, volve o MONOGRÁFICO DA RAZA GALIÑA DE MOS, que xa vai pola súa sétima edición.

A Feira de Artesanía de Triacastela contou coa Galiña de Mos

A Feira de Artesanía e produtos da zona de Triacastela, celebrada o sábado 19 de abril, contou coa presenza de exemplares vivos de Galiña de Mos, presentados polo criador Roberto Raposo, de Pedrafita do Cebreiro e do criador de Triacastela Jorgue Anguez, que tamén atendeu o seu posto con información sobre outras razas autóctonas e vendendo os peluches da raza.


A Galiña de Mos estivo na Feira do Queixo do Cebreiro.

Con motivo da celebración da XXVIII Feira do Queixo do Cebreiro o venres 18 de abril, acompañamos aos criadores de Pedrafita do Cebreiro, que instalaron unha carpa cunhas xaulas na que se poderon observar varios exemplares da raza. A feira estivo moi animada e se repartíu moita información sobre a nosa raza.

Un novo criador preséntanos a súa granxa e a páxina web.

Rafael Carbajales Bouzón, criador do concello de Teo, na provincia da Coruña, preséntanos a súa granxa de cría de Galiña de Mos. Na súa páxina web http://www.granxaeodosmenecos.com/ atópase información sobre a súa granxa artesanal.
Engadimos o enderezo da web da súa granxa na barra lateral das páxinas dos criadores, para unha rápida consulta.


O restaurante Casa de Curro, en Baralla, introduce a pularda da nosa raza no menú.

Outro restaurante aposta polos produtos da nosa raza. Neste caso é Casa de Curro, que está ubicado en San Miguel de Neira de Rei, en Baralla, Lugo. Na súa carta ofrece Pularda da raza Mos confitada con champiñóns. Un lugar moi interesante para degustar esta delicia. As aves son proporcionadas pola granxa "Aves do Concello", de Vilalba, Lugo.