No colexio Dolores Ramos de Santiago de Compostela naceron poliños.

 Uns días antes do remate do curso escolar, no Colexio Dolores Ramos-Peleteiro, naceron poliños da nosa raza, trala incubación feita 21 días antes. Durante eses días os alumnos aprenderon o ciclo de incubación dos ovos, como se aprecia a fertilidade co ovoscopio e todas as demáis características tanto das aves adultas coma no nacemento. O día de nacemento fumos polas diversas aulas do centro impartindo unhas charlas, mostrando un galo e unha galiña, que encantaron aos máis pequenos e a incubadora cos nacementos conseguidos. Outra experiencia moi gratificante.







Alumnos deseñaron unha incubadora.

Un grupo de alumnos da FP Básica do CIFP Ferrolterra de electricidade e electrónica, deseñaron unha incubadora para o nacemento de poliños da raza Galiña de Mos. Foron finalistas no Maker Faire Galicia 2021, unha feira de innovación das máis importantes de europa. 
Colaboramos neste proxecto con diverso material promocional entre os alumnos e na seguinte ligazón poderedes ver como foi todo o proceso, desde a fabricación da máquina ata vídeos do nacemento.

Esta iniciativa tivo un impulsor destacado o profesor do CIFP Ferrolterra Miguel Martínez Modroño, criador da nosa raza.



Boa acollida das Xornadas Gastronómicas no Forno de Tovar.

 Debido ao éxito que tiveron as Xornadas Gastronómicas que realizou o restaurante Forno de Tovar, en Lourenzá (Lugo), ampliáronse durante dez días máis, ata mediados de xuño. As aves procedían da granxa Chousa do Lea.



Congreso gastronómico cultural

O pasado 29 de maio asistimos en Lugo ao II Congreso Gastronómico Cultural, no que o cociñeiro Javi Estévez, con estrela michelín no seu restaurante La Tasquería, de Madrid, cociñou "patas de Galiña de Mos crocantes con espuma de queso San Simón". Unha maneira máis de aproveitar todas as partes posibles dos nosos animais.