A Galiña de Mos estivo nas Pontes.

Os días 10 e 11 de febreiro celebrouse no concello das Pontes de García Rodríguez unha nova edición da Feira do Grelo. Paralelamente realizouse unha mostra de razas autóctonas na que participaron as razas Galiña de Mos, Ovella Galega, Cabra Galega, Porco Celta e Can de Palleiro.
Como criador da raza participaron os exemplares do criador Michiel Meijer, do mesmo concello das Pontes.




A Galiña de Mos en Riotorto.

O domingo 11 de febreiro celebrouse en Riotorto o Mercado de Inverno. Nel participou o criador Luis Fernández Fernández, criador do mesmo concello que levou exemplares vivos e ofreceu información da súa granxa e da nosa raza.

Este fin de semana mostra de razas autóctonas nas Pontes.

Este sábado e domingo con motivo da celebración da XXXVIII Feira do Grelo no concello das Pontes de García Rodríguez, celebrarase unha mostra de razas autóctonas. Alí estaremos ofrecendo información, podendo observar un lote de Galiña de Mos do criador Michiel Meijer, da granxa Delicias de Rebardille, do mesmo concello das Pontes.

Celebrada a I Feira de Raza Autoctóctonas da Mariña.

No concello do Valadouro, na provincia de Lugo, celebrouse o sábado 3 de febreiro a primeira edición dunha nova Feira de Razas Autóctonas. Baixo unha carpa concentrouse un importante número de cabezas de gando bovino, ovino, cabrún, cabalar, porcino e aviar. 
Asistimos co posto de Boaga e como criadores de Galiña de Mos estiveron Luis Fernández, de Riotorto e Francisco Monasterio, de Vilalba. Houbo moita xente pese ás inclemencias metereolóxicas que existiron durante toda a xornada.

Gran éxito das razas autóctonas en Xantar.

Na Feira de Turismo Gastronómico Xantar, que se celebrou en Ourense do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro, a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, contou cun restaurante atendido polo equipo do cociñeiro Antonio Díaz. Foi un rotundo éxito, enchendo todos os días as prazas dispoñibles para consumir un suculento menú feito con produtos das nosas razas autóctonas.
Un suculento postre feito con ovos de Galiña de Mos pechaba a degustación que non deixou a ninguén indiferente.
No stand de Boaga participaron produtores de razas autóctonas con venda de produto e asesoramento das súas marcas. Ofrecimos durante os cinco días de feira información sobre as razas autóctonas e asesoramento para a creación de marcas individuais.
Dos criadores de Galiña de Mos asisitíu José Álvarez "Pepe Vilachá" da granxa O Seara, do concello de Cartelle, en Ourense.