Novo éxito da Expo-Degustación da Galiña de Mos.

Outro gran éxito da ExpoDegustación da Galiña de Mos en San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei. Un ano máis a Galiña de Mos triunfa no pobo de onde tomou o seu nome. A exposición e degustación celebrouse o domingo 28 de outubro e pese ás adversas condicións climatolóxicas, case 1.000 persoas achegáronse a degustar os produtos da nosa raza.
Tamén se celebrou o VII Exposición-Concurso Comarcal da raza, resultando premiados como mellor galo, o pertencente a José Zapata Sánchez, de Castro de Riberas de Lea e como mellor galiña, unha pertencente a José Luis Freire Castedo, de Suego.
Moitas grazas a todos os criadores e á organización da festa, polo novo éxito.
Máis fotos en: https://www.lavozdegalicia.es/album/lugo/castro-de-rei/2018/10/28/gallina-mos-protagonista/01101540762632364585461.htm



No CEIP Antonio Ínsua Bermúdez naceron poliños de Galiña de Mos.


O pasado venres 26 de outubro estivemos no CEIP Antonio Ínsua Bermudez de Vilalba, onde naceron poliños da nosa raza, inaugurando as xornadas de formación cara os escolares deste curso. Pasaron máis de 100 nenos a escoitar as explicacións. Foi un pracer.

A Granxa Escola A Capilla abre as súas portas.


A criadora de Galiña de Mos e de Ovella Galega, Elisa Camino, pon en marcha unha granxa escola en Lentellais, no concello do Bolo, onde poderase disfrutar das dúas razas e do consumo dos seus produtos. MOITA SORTE!!

Ver máis imaxes e información no seguinte enlace

ExpoDegustación da Galiña de Mos en San Xiao de Mos.

Xa está aquí a ExpoDegustación da Galiña de Mos, en San Xiao de Mos, concello de Castro de Rei, o domingo 28. Quen se apunta?

Fotografías dos premiados en Expolugo

No enlace seguinte pódense ver e descargar as imaxes dos premiados no concurso  monográfico  celebrado en Expolugo 2018. 



Resultados do VI Concurso provincial da raza.

En Expolugo celebrouse o VI Concurso Monográfico Provincial da raza Galiña de Mos, no que podían participar os criadores da provincia de Lugo. Os resultados foron os seguintes: 

Na categoría de galiñas: 
1º premio: José Luis Freire Castedo (concello de Pol)
2º premio: Beatriz Canto Edrosa (concello de Castro de Rei)
3º premio: Luis Fernández Fernández (concello de Riotorto) 


Na categoría de galos:
1º premio: Sandra López López (concello de Láncara)
2º premio: José Luis Freire Castedo (concello de Pol)
3º premio: Francisco José Monasterio Solveira (concello de Vilalba)


A Galiña de Mos desfilou por Lugo.

As rúas do centro da cidade de Lugo, asistiron o pasado 6 de outubro a un desfile de gando polas rúas do centro da cidade, co que daba comezo outra edición da feira Expolugo. Entre o gando participante estaban os exemplares de Galiña de Mos.

Presentados varios traballos científicos sobre a Galiña de Mos.

Con motivo da celebración do XI Congreso Ibérico Sobre Recursos Genéticos Animales, celebrado en Murcia do 26 ao 28 de setembro, presentáronse dous traballos científicos sobre a nosa raza titulados:
"ESTUDIO DEL CRECIMIENTO Y EL CONSUMO EN POLLOS DE RAZA GALIÑA DE MOS FRENTE A UNA ESTIRPE INDUSTRIAL, CRIADOS EN UN SISTEMA DE AVICULTURA ARTESANAL DE GALICIA" 
"CARACTERÍSTICAS DE LA CANAL Y DE LA CARNE EN POLLOS DE RAZA GALIÑA DE MOS FRENTE A UNA ESTIRPE INDUSTRIAL, CRIADOS EN UN SISTEMA DE AVICULTURA ARTESANAL".
Neste congreso disertouse sobre as nosas razas autóctonas, o seu estado de conservación, as súas características xenéticas e produtivas entre outros.



VI CONCURSO-EXPOSICIÓN MONOGRAFICO PROVINCIAL DA GALIÑA DE MOS

Os días 6 e 7 de outubro celébrase en Lugo, unha nova edición da feira Expolugo. Con motivo desta edición celebrarase o VI Concurso-Exposición Monográfico Provincial da Galiña de Mos, onde participarán os criadores da provincia de Lugo. Esta edición conta co patrocinio da Deputación Provincial de Lugo.
Tamen haberá venda de aves vivas.
Esperámosvos.


Estivemos en Muras

A Galiña de Mos estivo na Feira do Poldro e gando de monte de Muras, o pasado 23 de setembro. Estivemos nun posto da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, repartindo abundante información sobre as nosas razas autóctonas.



A Galiña de Mos volveu a sonar na Vuelta Ciclista.


Un ano máis a Galiña de Mos estivo no posto da marca E Para Comer Lugo, por invitación da Asociación de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL), onde se promocionaron os produtos de calidade galegos.

Estivemos presencialmente na saída en Mondoñedo.