A raza sonará en Fitur 2013

O mércores 30 de xaneiro Avimós estará en Madrid na Feira Internacional do Turismo Fitur, invitada pola Asociación de empresarios da provincia de Lugo, con motivo da presentación da Guía E para comer Lugo xa que por primeira vez, esta guía da que se editan 15.000 exemplares, inclúe a promoción do galo da nosa raza. Aproveitaremos a estancia na capital madrileña para establecer varios contactos con empresarios do sector.
Máis información: E para comer Lugo

Moi positiva a visita á hostalería de Barcelona

Asador de picantóns no restaurante Chezcoco
Aproveitando a viaxe feita a Barcelona con motivo da celebración da gala anual do Foro Terra Galega, visitouse varios dos mellores restaurantes da cidade condal, nalgúns casos rexentados por galegos. Acompañados polo alcalde de Vila de Cruces e polo presidente da cooperativa Vicogalo, visitamos a Cándido Iglesias e a súa familia, propietarios de restaurantes tan emblemáticos como o Rías de Galicia e socios de Ferrán e Albert Adríá no Tickets, cos que intercambiamos experiencias. Tamén se fixeron contactos co xefe de cociña do Lasarte Paolo Casagrande, con dúas estrelas michelín e propiedade de Martín Berasategui.  Outra visita especial foi ao restaurante Chezcoco especializado en aves.
Foi moito o interés que mostraron os restauradores por este tipo de produtos de calidade, comprometéndose a probalos e a experimentar no seu tipo de cociña, destacándonos principalmente que todos buscan aves de calidade e sobre todo que os produtos avícolas de alta gama teñen que estar baseados no concepto RAZA, algo que existe pouco no mercado español, xa que a gran maioría dos produtos das galiñas que atopamos no mercado están feitos a partir de moitos cruces entre liñas de polos industriais para acadar rápidos crecementos aínda que de peor calidade, como recoñecen os profesionais.
Máis info: Faro de Vigo

O produto da raza representado na gala anual do Foro da Terra Galega

Partes do galo en adobo
Con motivo da gala anual do Foro da Terra Galega, asociación que agrupa a moitos dos galegos residentes en Cataluña, houbo participación da nosa raza autóctona ao ser servido o segundo prato da cena da gala baixo a marca Galo de Curral de Vila de Cruces, sendo proporcionado pola cooperativa Vicogalo. Celebrouse no hotel Fira-Palace de Barcelona o 26 de xaneiro de 2013 coa asisitencia de 540 comensais.
O chef do restaurante Manso de Santiago de Compostela, Alberto Lareo foi o cociñeiro desprazado desde Galicia para preparar o galo guisado ao estilo tradicional, acompañado como guarnición con pataca asada, alcachofa e cenoria. Foi un grande éxito.
Alberto Lareo nunha das cociñas do hotel preparando o galo.
 
Vista parcial do salón da gala
parte de información da revista do foro

Martín Berasategui interésase na Galiña de Mos

O famoso cociñeiro vasco Martín Berasategui posuidor de tres estrellas michelín, interesouse na feira  Madrid Fusión pola nosa raza autóctona e os métodos de crianza artesanal nos que se produce, especialmente coa marca Galo de Curral de Vila de Cruces. David Sueiro presidente da cooperativa Vicogalo explicoulle as bondades do produto, estando especialmente interesado en traballar con él, incluíndo ademáis do galo o resto de producións da raza.
O cociñeiro animou aos presentes a incidir na produción artesá a partir da raza autóctona, xa que grazas ao seu crecemento lento pode garantir a máxima calidade da produción, apartándose do mercado industrial.
Tamén se interesou a distribuidora Petra Mora da que son propietarias María e Uxía Domínguez, sobriñas do diseñador galego Adolfo Domínguez, que están a copiar o modelo da súa exitosa Bimba & Lola, da que tamén son propietarias.
Máis información : La Voz de Galicia e Faro de Vigo
David Sueiro, presidente de Vicogalo, co alcalde de Vila de Cruces e María e David, de Petra Mora.

Continúa al alza la venta directa de productos agroalimentarios.

En toda España cada vez más consumidores se decantan por la venta directa de productos agroalimentarios ya que beneficia a las dos partes, productor y comprador. Este incremento también se está notando en los llamados "circuitos cortos de comercialización" que son aquellos en los que solamente hay un intermediario (venta en tiendas locales, restaurantes,...). En el siguiente enlace se puede ver una interesante información. http://www.periodismoagroalimentario.com/la-venta-directa-de-productos-alimentarios-crece-y-ofrece-a-agricultores-y-ganaderos-nuevas-perspectivas/
Alumnos de la EFA Fonteboa vendiendo productos en el mercado de Carballo. Fuente La Voz de Galicia