Partes do galo en adobo |
Con motivo da gala anual do Foro da Terra Galega, asociación que agrupa a moitos dos galegos residentes en Cataluña, houbo participación da nosa raza autóctona ao ser servido o segundo prato da cena da gala baixo a marca Galo de Curral de Vila de Cruces, sendo proporcionado pola cooperativa Vicogalo. Celebrouse no hotel Fira-Palace de Barcelona o 26 de xaneiro de 2013 coa asisitencia de 540 comensais.
O chef do restaurante Manso de Santiago de Compostela, Alberto Lareo foi o cociñeiro desprazado desde Galicia para preparar o galo guisado ao estilo tradicional, acompañado como guarnición con pataca asada, alcachofa e cenoria. Foi un grande éxito.
Alberto Lareo nunha das cociñas do hotel preparando o galo. |