Gran acollida das carnes da Galiña de Mos nas saídas da Volta Ciclista a España.

Nos primeiros días de Volta Ciclista a España, nas catro saídas pola provincia de Pontevedra, podéronse degustar os Galos Mos, dentro da promoción que está a facer a Asociación de Hosteleros de Lugo. Deixámosvos unhas fotos dos nosos amigos Rocío de La cocina de mi abuelo e de Oscar Caamaño.
Máis información: La cocina de mi abuelo



As carnes da Galiña de Mos, serán promocionadas de novo nas etapas da Volta a España de ciclismo.

As carnes da Galiña de Mos serán protagonistas durante a Vuelta Ciclista a España un ano máis, grazas á Asociación de empresarios da hostelería de Lugo, que en colaboración coa Xunta de Galicia terán nas saídas das etapas un posto de promoción dos produtos agroalimentarios con indicación de calidade, estando representada a nosa raza coa Ovella Galega. Nas cinco etapas galegas desde o día 24 de agosto, con saídas en Vilanova de Arousa, Pontevedra, Vigo, Lalín e Sober, haberá degustación do galo da raza Mos, xunto coas dos outros produtos de calidade. No resto de etapas, divulgarase a raza con abundante material informativo. Na presentación do acto, o presidente de Avimós, Francisco Monasterio participou en representación das marcas e os produtos de calidade representados nesta edición.
Máis información: E para comer Lugo, La Voz de Galicia, El Progreso

A Feira de Artesanía de Castro de Riberas de Lea, tamén contou con exemplares de Galiña de Mos

A Feira de Artesanía de Castro de Riberas de Lea, en Castro de Rei, na provincia de Lugo, que se celebrou os días 10 e 11 de agosto, tamén contou con exemplares da nosa raza. Neste caso procedían da granxa de avicultura artesá Chousa do Lea, de José Zapata, atendendo aos moitos interesados nas bondades da Galiña de Mos.

A Galiña de Mos estivo na Feira de Artesanía de Outeiro de Rei

Exemplares da nosa raza estiveron na Feira de Artesanía celebrada en Outeiro de Rei o pasado día 6 de xullo. Alí o criador Alberto Fernández Fraga expuxo exemplares da súa granxa. Repartíuse abundante información e houbo moitos interesados.