As carnes da Galiña de Mos, serán promocionadas de novo nas etapas da Volta a España de ciclismo.

As carnes da Galiña de Mos serán protagonistas durante a Vuelta Ciclista a España un ano máis, grazas á Asociación de empresarios da hostelería de Lugo, que en colaboración coa Xunta de Galicia terán nas saídas das etapas un posto de promoción dos produtos agroalimentarios con indicación de calidade, estando representada a nosa raza coa Ovella Galega. Nas cinco etapas galegas desde o día 24 de agosto, con saídas en Vilanova de Arousa, Pontevedra, Vigo, Lalín e Sober, haberá degustación do galo da raza Mos, xunto coas dos outros produtos de calidade. No resto de etapas, divulgarase a raza con abundante material informativo. Na presentación do acto, o presidente de Avimós, Francisco Monasterio participou en representación das marcas e os produtos de calidade representados nesta edición.
Máis información: E para comer Lugo, La Voz de Galicia, El Progreso