Un estudo indica que as galiñas que se aparean con moitos machos teñen poliños máis resistentes.

Un estudo indica que as galiñas que se aparean con moitos machos, obteñen poliños con máis calidade xenética. Neste estudo feito pola Universidade de East Anglia, no Reino Unido, indícase que as galiñas que se xuntan con varios machos, mediante un mecanismo interno, seleccionan o seme dos diferentes galos que é máis diferente xeneticamente e polo tanto, os polos serán mellores tendo en conta o aspecto xenético, e polo tanto máis fortes.
Desta maneira, cando apareamos un lote de galos e galiñas que naceron do mesmo lote de reprodutores e polo tanto, son medios irmáns, sería unha boa estratexia que existiran varios galos no lote de cría, xa que desta maneira cada galiña seleccionaría o seme que menos características consanguíneas tiveran.
Máis información: Colvet.

Consulta sobre o papel da agricultura familiar na UE

A Comisión Europea ven de poñer en marcha unha consulta sobre o papel da agricultura familiar, co fin de analizar os retos e as prioridades para o futuro, cara este tipo de agricultura. A agricultura e a gandería familiar están especialmente desenvolvidas en moitos dos territorios, especialmente en Galicia, e a nivel das produccións artesanais pensamos que xogan un papel primordial no desenvolvemento da calidade dos produtos agroalimentarios e na sostibilidade do medio ambiente.
Todos os interesados poden participar nesta consulta ata o 11 de outubro no seguinte enlace

O Galo Mos tamén estivo na saída da Volta Ciclista en Sober.

En Sober, na última saída da Volta Ciclista a España en terras galegas, estivo o Galo da nosa raza. Varios cociñeiros de afamados restaurantes da provincia de Lugo, fixeron unha mostra de cociña. Os cociñeiros Martín Mantilla e Emilio Rodríguez do restaurante O Grelo, de Monforte de Lemos, prepararon maki de Galo Mos con Grelos de Galicia e Queixo do Cebreiro, unha arriscada e moderna preparación de sushi co noso galo. Paralelamente o catering da Volta, seguíu preparando o galo asado. Con esta etapa acabou a participación presencial das carnes dos nosos galos, nas cinco etapas galegas. No resto das etapas da Volta repartirase información publicitaria.