O Galo Mos tamén estivo na saída da Volta Ciclista en Sober.

En Sober, na última saída da Volta Ciclista a España en terras galegas, estivo o Galo da nosa raza. Varios cociñeiros de afamados restaurantes da provincia de Lugo, fixeron unha mostra de cociña. Os cociñeiros Martín Mantilla e Emilio Rodríguez do restaurante O Grelo, de Monforte de Lemos, prepararon maki de Galo Mos con Grelos de Galicia e Queixo do Cebreiro, unha arriscada e moderna preparación de sushi co noso galo. Paralelamente o catering da Volta, seguíu preparando o galo asado. Con esta etapa acabou a participación presencial das carnes dos nosos galos, nas cinco etapas galegas. No resto das etapas da Volta repartirase información publicitaria.