O Galo Mos vaise de tapa.

Comezou o Concurso de Tapas da D.O. Queixo de San Simón da Costa, en Vilalba, coa participación da tapa de Galo Mos con queixo de San Simón da Costa que ofrece o bar Siglo XX. (O prexo da tapa é de 1,50 euros). Ata o día 31. Quén se apunta?.

A Galiña de Mos estivo en Ferreira do Valadouro.

O día 23 de marzo a Galiña de Mos estivo no Mercado de Primavera que se celebrou na localidade de Ferreira do Valadouro, provincia de Lugo. O criador Pabo Val estivo cos seus exemplares ofrecendo información da raza e da súa granxa.

No Ceip O Couto - Greco naceron poliños.

Emocionante xornada a do pasado 22 de marzo no CEIP O Couto, edificio Greco, en Ourense, onde naceron 12 poliños da nosa raza. Os alumnos asistiron ás explicacións sobre avicultura, estando presentes un galo e unha Galiña de Mos.






Filloas á pedra con ovos de Galiña de Mos.


Estivemos na gravación da receita de filloas á pedra con ovos de Galiña de Mos parA cociña de Óscar" . O criador Julio Calvelo de Bembibre, Val do Dubra, elaborou unhas filloas feitas con ovos da nosa raza que se mercaron a Mariña Grille, criadora do mesmo concello. 
a o blogue "
No seguinte enlace podemos ver imaxes e vídeos da elaboración 
https://acocinhadeoscar.wordpress.com/2019/03/22/menu-00-cocinando-a-4-mans/

Os ovos de Galiña de Mos seguen triunfando.

Estos días varios restaurantes de Madrid, están a cociñar con ovos de Galiña de Mos. O restaurante A´Barra fai unha aposta de caviar e ovo frito, ovo de Galiña de Mos (xema afumada) con boliñas de puntilliñas, pó de alga nori e coroa de caviar, dentro do seu menú degustación (ver aquí).
Tamén o restaurante La Falda de Lavapiés fai unhas famosas tortillas con ovos de Galiña de Mos que están a ser un referente na cidade. El Mundo

A Galiña de Mos estivo na Feira do Grelo

Os días 2 e 3 de marzo estivemos no concello das Pontes, na XXXIX Feira do Grelo, con motivo da mostra de razas autóctonas qu ese celebrou. Acompañamos aos criadores de Galiña de Mos Michiel Meijer e Cynthia Arias, criadores do mesmo concello das Pontes.