A Galiña de Mos estivo en Pedrafita do Cebreiro.

O 30 de marzo, con motivo da celebración da Feira do Queixo do Cebreiro, estivemos en Pedrafita do Cebreiro cun posto da nosa raza. O día foi invernal, con moita neve. Pese a iso asistíu moita xente e estivemos apoiando a Roberto Raposo, criador do mesmo concello de Pedrafita.

A Galiña de Mos estivo en Boimorto.

Con motivo da celebración en Boimorto da feira Magreco 2018, etivemos cun posto de promoción da Galiña de Mos e coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA. Tamén etivo a criadora María José Castro, da granxa Castro de Madrosende.

En Valdoviño naceron poliños de Galiña de Mos.

No Punto de Atención Infantil en Valdoviño, ubicado na aula da natureza, naceron 11 poliños da nosa raza Galiña de Mos. Os pais e nais asistiron cos nen@s a unha explicación que lles demos sobre avicultura, na que estiveron presentes as cámaras da TVG, o programa Galicia Viva, que en próximas xornadas ofrecerá un resume da gravación feita. Un xeito máis de achegar o mundo rural aos núcleos urbáns.






Convocadas axudas para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

No DOG do 16 de marzo publícase a orde pola que se convocan axudas para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións. Ollo porque por primeira vez a AVICULTURA ARTESANAL é prioritaria ao igual que ser criadores de razas autóctonas.
A axuda pode chegar ata 15.000 euros e hai de prazo ata o 16 de abril.
É moi importante informarse nas oficinas agrarias comarcais.
Máis información na web de Boaga pulsando aquí.

A Galiña de Mos estará en Magreco 2018.

O 24 e 25 de marzo celébrase unha nova edición da feira MAGRECO 2018, feira de maquinaria agrícola e produtos ecolóxicos, en Boimorto. Alí estará un posto de Avimós e da granxa Castro de Madrosende promocionando á nosa raza.

A Galiña de Mos estivo en Ordes.

A nosa raza estivo na XX Festa do Lacón con Grelos celebrada en Mesón do Vento, no concello de Ordes. Alí estiveron as criadoras Mari Luz Gómez e Cruz Grille.

A Galiña de Mos estará na Festa do Lacón con Grelos en Ordes.

Esta fin de semana celébrase en Ordes a XX Festa do Lacón Grelos, en Mesón do Vento. Haberá unha mostra de razas autóctonas participando as criadoras Mari Luz Gómez, do mesmo concello de Ordes e Cruz Grille, de Tordoia.

Nova incubación en Valdoviño.

No punto de atención á infancia de Valdoviño estanse a incubar ovos da nosa raza desde o 1 de marzo. Os nacementos están previstos entre os días 21 e 22 de marzo, momento no que aproveitaremos para dar unha charla divulgativa aos nen@s e aos pais e nais. Cantos sairán? Os xornais La Voz de Galicia e Diario de Ferrol sinalaron o acontecemento.

Nacemento de polos na EEI de Vilalba.

Os alumnos e alumnas da Escola de Educación Infantil de Vilalba tiveron uns visitantes moi especiais. Un galo e unha Galiña de Mos visitaron as súas aulas o día 1 de marzo, asistindo ao nacemento de varios poliños, podendo observar o proceso de incubación e as características da nosa raza.

O chef Pepe Solla ensalza o traballo co Galo de Mos.

"De pronto hay gente joven que ha vuelto al campo y se ha puesto en la huerta a recuperar cosas que habíamos perdido... el rescate de especies como el Gallo de Mos...Todo esto es gastronomía, no solo los cocineros. 
No seguinte enlace podemos ver a entrevista que lle fixo Restauraciónnews ao famoso chef galego Pepe Solla.
Grazas a Pepe Solla por recoñecer á nosa raza e ao noso traballo.
Foto: restauracionnews.com