Gran éxito da ExpoDegustación da Galiña de Mos de San Xiao de Mos.

Outro exitazo da ExpoDegustación da raza Galiña de Mos. Pese a que o tempo non acompañou, case 1.000 persoas asistiron. Os resultados do IX Concurso Comarcal da raza Galiña de Mos-San Xiao de Mos 2023 foron os seguintes: 
Na categoría de Galiñas. 
 1°premio para Luis Fernández Fernández de Riotorto. 
2° premio para José Carlos Silvosa Piñeiro de Castro de Rei. 
3° premio para Francisco Monasterio Solveira, de Vilalba. 
Na categoría de Galos. 
1° premio José Luis Freire Castedo, de Pol. 
 2° premio Sandra López López de Láncara. 
 3° premio Beatriz Canto Edrosa, de Castro de Rei. 
 Na categoría de lotes: Mellor lote de femias, Oscar Miranda Gómez de Castro de Rei.
Mellor lote de machos para José Zapata Sánchez, de Castro de Rei. 
Os premios foron entregados polo alcalde do Concello de Castro de Rei, Francisco Balado e polo Deputado de Medio Rural da Deputación de Lugo, Daniel García. O concurso da nosa raza contou co apoio da área de Vicepresidencia e de Medio Rural da Deputación de Lugo.









Nova incubación nun colexio en Lalín.

No CEIP Xaquín Loriga en Prado, en Lalín, iniciamos un novo ciclo de incubacións nas aulas, tendo xa completas as prazas para todo o curso escolar. No seguinte enlace podemos ver a información do xornal La Voz de Galicia.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2023/10/20/emocion-acariciar-pollitos-colegio-prado/0003_202310D20C4991.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbdeza

Resultados do VIII CONCURSO EXPOSICIÓN MONOGRÁFICO PROVINCIAL DA RAZA GALIÑA DE MOS

Na feira Expolugo, celebrouse entre os días 7 e 8 de outubro o VIII CONCURSO EXPOSICIÓN MONOGRÁFICO PROVINCIAL DA RAZA GALIÑA DE MOS da provincia de Lugo. 
Na categoría de Galiñas: 
1° premio:Jose Luis Freire Castedo. Do concello de Pol. 
2° premio: Sandra López López. Do concello de Láncara. 
3° premio: Beatriz Canto Edrosa. Do concello de Castro de Rei. 
Categoría de Galos: 
1° premio Luis Fdez Fdez. De Riotorto 
2° premio José Luis Freire Castedo. De Pol 
3° premio: Sandra López López. De Láncara.
Por outra banda, tamén participou a criadora Sandra López  con exposición de poliños dunha semana de vida. 









Desfile de gando do San Froilán.

 O 6 de outubro celebrouse polas rúas do centro de Lugo o tradicional desfile de gando que inaugura as festas do San Froilán. Aí estiveron varios dos nosos criadores.









Entrevista a un dos criadores máis novos.

O pasado 5 de outubro o xornal El Progreso publicou, con motivo das festas do San Froilán, unha entrevista a un dos nosos criadores máis novos, Noel Freire, de Granxa Artesanal Cima De Vila no concello de Pol, provincia de Lugo. Da gusto ver a criadores tan novos "pisando forte". Parabéns Noel!!!.