Gran éxito da ExpoDegustación da Galiña de Mos de San Xiao de Mos.

Outro exitazo da ExpoDegustación da raza Galiña de Mos. Pese a que o tempo non acompañou, case 1.000 persoas asistiron. Os resultados do IX Concurso Comarcal da raza Galiña de Mos-San Xiao de Mos 2023 foron os seguintes: 
Na categoría de Galiñas. 
 1°premio para Luis Fernández Fernández de Riotorto. 
2° premio para José Carlos Silvosa Piñeiro de Castro de Rei. 
3° premio para Francisco Monasterio Solveira, de Vilalba. 
Na categoría de Galos. 
1° premio José Luis Freire Castedo, de Pol. 
 2° premio Sandra López López de Láncara. 
 3° premio Beatriz Canto Edrosa, de Castro de Rei. 
 Na categoría de lotes: Mellor lote de femias, Oscar Miranda Gómez de Castro de Rei.
Mellor lote de machos para José Zapata Sánchez, de Castro de Rei. 
Os premios foron entregados polo alcalde do Concello de Castro de Rei, Francisco Balado e polo Deputado de Medio Rural da Deputación de Lugo, Daniel García. O concurso da nosa raza contou co apoio da área de Vicepresidencia e de Medio Rural da Deputación de Lugo.