Xornadas do Galo Mos en Lugo

Ata o 30 de abril estanse a celebrar unhas Xornadas do Galo Mos no Restaurante-Pulpería Aurora, en Lugo. Ademáis do galo, hai outros platos elaborados con ovo de Galiña de Mos. As aves as proporciona a granxa artesá Chousa do Lea.

Martín Berasategui di que o ovo de Galiña de Mos é o mellor que probou na súa vida.

O afamado cociñeiro Martín Berasategui, posuidor de tres estrellas Michelín, estivo en Santiago de Compostela o 18 de abril. Alí sinalou a gran calidade dos produtos galegos. Sinalou que o mellor ovo que probou na súa vida é o da marca Galo Celta, que lle está a servir produto da nosa raza. Recordemos que esta marca é dun produtor de Galiña de Mos, coas galiñas da nosa raza 100% raza autóctona.
A calidade do ovo de Galiña de Mos segue a destacar grazas á xenética da nosa raza, que lle fai ter unhas características únicas.
Enlace para ler a entrevista: La Voz de Galicia


Estivemos na Feira do Queixo do Cebreiro

Na Feira do Queixo do Cebreiro, que se celebrou o 14 de abril, estivemos co criador Roberto Raposo, que ofreceu unha degustación de empanada de polo da nosa raza e venda de aves vivas.



Este fin de semana sonou a Galiña de Mos en Sedes

Este fin de semana celebrouse a VIII Feira Multisectorial agrícola, na parroquia de Sedes, no concello de Narón. O criador Xosé María García Villaverde, da granxa Quinta da Vacaloura, asistíu cun posto onde se informou sobre a súa granxa, a Galiña de Mos e a Ovella Galega.

Incubación nun colexio de Lugo

Os nenos de Infantil do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo meteron os ovos de Galiña de Mos na incubadora a semana pasada, para poder observar o proceso de incubación. Dentro duns días teremos novas...
Que pasará??

A Galiña de Mos en Vilalba

Os días 1 e 2 de abril estivo a Galiña de Mos na Feira do queixo de San Simón, en Vilalba. O criador Francisco Monasterio coa súa marca Aves do Concello, está a ofreceu información sobre a nosa raza e as súas aves. Compartíu posto co criador de Porco Celta da marca A Fraga do Coto, tamén de Vilalba.
 

Axudas á incorporación e mellora das explotacións agrarias.

Veñen de publicarse as axudas para plans de incorporación de mozos á actividade agraria e apoios para mellora e desenvolvemento de explotacións agrarias. (DOG nº64, 31 de marzo de 2017).

Tedes máis información no seguinte enlace da páxina de Boaga: Axudas