A Galiña de Mos estivo presente en Mundo Ovo, en Monforte de Lemos.

O 19 e 20 de xullo, celebrouse na Praza de Abastos de Monforte de Lemos o mercado "Mundo Ovo", onde estivo o criador Ramón Vázquez, da mesma localidade, que ademáis de presentar ovos de Galiña de Mos, mostrou aves vivas. Repartíuse abundante información sobre a nosa raza.

Unha parella de Galiña de Mos sorteada no festiva A.C. Polka en Pol

En Mosteiro, no concello de Pol, provincia de Lugo, celebrouse o día 19 de xullo o festival Polka Pol Kultura Aberta. Os organizadores sortearon unha parella dun galo e unha Galiña de Mos que foi donada polo criador Luis Freire, do mesmo concello.
Unha boa iniciativa para agasallar nas festas do verán.

A Galiña de Mos estivo presente na Feira de Artesanía de Outeiro de Rei.

A VIII Feira de Artesanía de Outeiro de Rei, na provincia de Lugo, celebrada o sábado 5 de xullo, contou con exemplares da nosa raza. O criador Alberto Fernández, do mesmo concello asistíu con varios exemplares. Tamén Jorgue Anguez, de Triacastela, estivo presente cun posto repartindo información de varias das nosas razas autóctonas. 
Foi unha xornada moi animada, existindo moitos interesados nas bondades da nosa raza.

Os larpeiros falaron da Galiña de Mos

No programa Larpeiros da TVG do 3 de xullo, falouse da Galiña de Mos. O equipo de gravación desplazouse á granxa chamada Galimós, do criador Alberto Fernández Fraga, en Outeiro de Rei, provincia de Lugo.
Fixeron unha receita con polo da nosa raza en escabeche.
No seguinte enlace pódese ver a gravación.

Reportaxe no Labranza sobre a Semana Verde 2014

No programa da TVG Labranza do 22 de xuño, houbo unha reportaxe sobre as razas autóctonas, falándose da Galiña de Mos. A partir do minuto 12 e 12 segundos.
Podémolo ver no seguinte enlace: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/xxxvii-semana-verde-de-galicia-salimat-razas-do-pais-en-perigo-de-extincion