Bo Nadal e Feliz Aninovo

Con esta felicitación de Nadal feita por un neno do colexio Menendez Pelayo de Lugo, querémosvos desexar un Bo Nadal e un Feliz Aninovo a todos. Que o vindeiro ano esté cheo de éxitos.

Dous criadores da raza presentaron capóns na feira de Vilalba.

A feira do Capón de Vilalba celebrada o domingo 18 de decembro, contou coa presenza de dous criadores da raza Galiña de Mos, Francisco Monasterio e David Cristóbal, que presentaron capóns autóctonos. Desde tempos históricos ata os anos setenta do pasado século, os capóns de Vilalba se facían a partir da raza Galiña de Mos, pero na actualidade a maioría se fan de estirpes industriais. Actualmente varios criadores de Avimós volven a apostar polos capóns de antes, os da raza Galiña de Mos.





No colexio Menéndez Pelayo de Lugo aparece a Galiña de Mos nas postais.

Os nenos do CEIP Menéndez Pelayo da cidade de Lugo, elaboraron as postais de nadal coas razas autóctonas galegas. Máis de 400 nenos e nenas fixeron uns orixinais debuxos nas súas postais, estando moi presente a Galiña de Mos. Con elas fixeron unha interesante exposición.



A Galiña de Mos estivo en Cerdido

O pasado día 6 de decembro celebrouse a Feira da Barqueira, no concello de Cerdido, provincia da Coruña. Alí estivo un galo e unha galiña da nosa raza, xunto con información do resto de razas autóctonas.

A Galiña de Mos estivo na feira de San Martiño.

A Feira de San Martiño, celebrada no lugar de Francos, no concello de Teo, o pasado 11 cde novembro, contou coa participación de Refael Carbajales Bouzón, criador da raza da granxa Eo dos Menecos. Repartíuse información da súa granxa e da nosa raza.

Outro éxito da Expo-Degustación da Galiña de Mos

A Expo-Degustación da Galiña de Mos celebrada en San Xiao de Mos, concello de Castro de Rei, Lugo, o 30 de outubro foi un rotundo éxito. 1.000 persoas xuntáronse na carpa de degustación para saborear un menú formado por galo Mos, un ovo frito acompañado de pataca da Terra Chá e dous postres donados por empresas da zona.

Unha marca comercial de Galiña de Mos asesorada pola Deputación de Lugo.

A Deputación Provincial de Lugo está a ofrecer asesoramento gratuíto para xerar ou reconverter empresas no IV edición do Campus de Emprendemento Sostible. Este é un plan de fomento do emprego a través do que o organismo provincial ofrece a emprendedores formación, asesoramento individualizado e coñecemento sobre iniciativas empresarias consolidadas con visitas ás mesmas co obxectivo de abrir novos negocios ou reconverter os existentes, facéndoos máis competitivos e, polo tanto, incrementando os seus beneficios. A empresa do criador Alberto Fernández Fraga, de Galimós, en Outeiro de Rei, Lugo, recibíu asesoramento de caracter administrativo e de comercializacion, a través da anterior edición deste campus.
Aqueles interesados na edición deste ano pódense informar na páxina www.deputacionlugo.gal.
 

Expo-Degustación da Galiña de Mos

Este domingo celébrase a Expo Degustación da Galiña de Mos en Castro de Rei, Lugo, no pobo de San Xiao de Mos (ao carón da Iglesia). Os criadores da zona organizan un ano máis, en colaboración co concello de Castro de Rei, unha degustación que se servirá nunha carpa para 1.000 comensais. Noutra carpa anexa haberá exposición de exemplares de Galiña de Mos, de criadores da zona e da comarca da Terra Chá, patrocinada polo concello de Castro de Rei en colaboración con Avimós, así como outras actividades. Esperámosvos a todos.

Xornada Técnica sobre Prevención de riscos laborais en granxa avícolas.

O próximo 25 de outubro o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral organiza en Lugo, dentro da súa programación formativa para o ano 2016, unha xornada tecnica de prevención de riscos laborais en todo tipo de granxas avícolas. Aqueles que estén interesados en asistir poden obter máis información no seguinte enlace: enlace á información da xornada.

Éxito da Galiña de Mos na feira Expolugo.


A nosa raza foi unha das grandes protagonistas na feira Expolugo que se celebrou os días 8 e 9 de outubro e contou con varias actividades.

A Galiña de Mos estará na feira EXPOLUGO

Os días 8 e 9 de outubro celebrarase outra edición da feira EXPOLUGO A Rural, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (Recinto Feiral o Palomar s/n, Lugo, ao carón da estrada Nacional VI).
Organízanse varias actividades nas que participa a Galiña de Mos.
Celebrarase o IV Concurso-Exposición Monográfico Provincial da raza Galiña de Mos.
Tamén haberá un Mercado Alimentario de Razas Autóctonas, o desfile de gando polas rúas do centro de Lugo e Degustacións gratuítas de carne de razas autóctonas, o sábado 8 a partir das 14:00 horas e o domingo 9 a partir das 13:00 horas.

O horario de apertura ao público será de 12 da mañá a 9 da noite ininterrompidamente os dous días.

A Galiña de Mos estivo en Muras

Con motivo da celebración da Feira do Poldro e Gando de Monte en Muras, realizouse unha exposición de razas autóctonas onde participou a nosa raza xunto con outras das autóctonas. Repartíuse abundante información publicitaria xa que foi unha feira moi animada.

Presentados estudos sobre a Galiña de Mos nun congreso Internacional.

No X Congreso Ibérico sobre Recursos Xenéticos Animais celebrado na localidade portuguesa de Castelo Branco, a mediados do mes de setembro, presentáronse diversos estudos sobre as características dos ovos da raza Galiña de Mos e sobre a calidade da carne das galiñas, ademáis de analizar a evolución da nosa raza. Neste congreso científico observouse como a Galiña de Mos é a raza de galiñas autóctonas de maior censo en toda a Península Ibérica, sendo actualmente a lider en produción e comercialización entre as autóctonas

A Galiña de Mos estivo en Coristanco

Con motivo da celebración da Festa da Pataca de Coristanco celebrada o domingo 18 de setembro, celebrouse unha exposicíón de produtos galegos participando a nosa raza. O criador Gervasio Mouro do concello de Zas, presentou varios exemplares e asistimos repartindo moita información sobre a raza. Foi unha feira moi visitada.

En Ponteareas estivo a Galiña de Mos.

A X Feira dos Remedios que se celebrou en Ponteareas o sábado 10 de setembro contou coa Galiña de Mos, xa que os criadores Álvaro Rodríguez e Alejandro Collazo, presentaron aves vivas e repartiron abundante información sobre a nosa raza.

A Galiña de Mos de campamento en Bule Bule.

Os nenos do campamento de verán de Bule Bule, en Monforte de Lemos, poderon disfrutar da visita de exemplares da raza Galiña de Mos. Galiñas e poliños fixeron as delicias dos máis pequenos, podendo ver o ciclo da vida das nosas aves e dos ovos, coñecendo as súas características. A iniciativa e as aves foron do criador José Manuel Garrido da Granxa de Pantón.

A Galiña de Mos na Vuelta Ciclista a España.

Un ano máis os produtos da Galiña de Mos están a ser protagonistas na Vuelta Ciclista a España, grazas á invitación da Asociación de Hosteleiros da Provincia de Lugo, que desplazan un posto da marca E Para Comer Lugo e presentan produtos de calidade galegos. Nas saídas de todas as estapas promociónanse os produtos da nosa raza.


A Galiña de Mos en Zas

En Fornelos, no concello de Zas, celebrouse o 20 de agosto unha Ecomercado na que participou o criador Gervasio Mouro, que presentou varios lotes de exemplares, repartíndose información sobre a nosa raza.

A Galiña de Mos estivo na Golada

O 9 e 10 de xullo o criador David Sueiro, coa súa marca Galo Celta estivo na Feira de Artesanía da Golada, presentando produtos elaborados a partir da raza Galiña de Mos. Entre outros caldo de galiña, ovos e embutidos como salchichón e chourizo de galo.


Vídeo promocional da Galiña de Mos

Hoxe vos queremos presentar o novo vídeo promocional da nosa raza. Simboliza o que é a Galiña de Mos e as súas producións. Esperamos que vos guste.
Pulsar aquí.


Si queredes ver outros vídeos sobre as nosas razas autóctonas aquí. http://videos.boaga.es/

Revista Autóctonas Galegas número 9

Xa se pode ver online o número 9 da revista Autóctonas Galegas. Pulsando na imaxe inferior podémola ver. Tamén no menú lateral dereito creamos un enlace permanente.


A Galiña de Mos estivo na Feira de Artesanía de Outeiro de Rei.

A Feira de Artesanía de Outeiro de Rei celebrada o 2 de xullo, contou cun posto da granxa Chousa do Lea, que ademáis de expoñer un lote de exemplares, fixo unha degustación de empanada de Galo Mos e de peituga de galo Mos en escabeche con cítricos. Tamén eleborou empanadas e empanadillas de galo que se esgotaron rapidamente.