Outro éxito da Expo-Degustación da Galiña de Mos

A Expo-Degustación da Galiña de Mos celebrada en San Xiao de Mos, concello de Castro de Rei, Lugo, o 30 de outubro foi un rotundo éxito. 1.000 persoas xuntáronse na carpa de degustación para saborear un menú formado por galo Mos, un ovo frito acompañado de pataca da Terra Chá e dous postres donados por empresas da zona.
Celebrouse outra edición do concurso comarcal da Galiña de Mos no que os gañadores foron un galo de Antonio Carballo Ameijeiras, de San Xiao de Mos e unha galiña de Oscar Miranda Gómez, de Xustás, Cospeito.