I Congreso de empresarios do medio rural

A asociación dubresa de empresarios-ADEA, organiza en Bembibre, Val do Dubra, A Coruña o I Congreso de Empresarios do Medio Rural os vindeiros días 9 e 10 de xullo.
Neste I Congreso vanse tratar diferentes temas de interese para a economía do medio rural como son:
-O Rural como alternativa.
-Empresas de produtos agroalimentarios.
-A sostibilidade no Rural.
-Grupos de desenvolvemento rural.
-Infraestruturas no rural.
-Unha aposta polos produtos da terra. Produto de éxito.
-Diminución da poboación no medio rural, causas e posibles solucións.

A organización convida a todos os interesados a participar agradecendo a confirmación da asistencia por medio do e-mail adeadubra@yahoo.es ou nos teléfonos 981 889 517 / 635 670 003

Gran éxito da 34ª Semana Verde de Galicia.

Rematou a 34ª edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, na que as nosas razas autóctonas tiveron un papel predominante. O éxito foi espectacular superándose os 100.000 visitantes. Especialmente no fin de semana regueiros de persoas visitaron a feira, que foi un escaparate moi importante para a promoción da nosa raza. O mercado de polos da raza case esgota as súas unidades, sorprendendo a presentación dos produtos cárnicos da raza Mos.
No concurso da raza que se fixo, formando o xurado D. Castor J. Rivero, Director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, da Xunta de Galicia, D. Julio Feijoó, Xefe de Área do Centro de Recursos Zooxenéticos e D. Julio Pérez, da Fundación Semana Verde de Galicia, resultaron vencedores o Galo de José Rodríguez González de Lalín, Pontevedra e unha galiña de Luis Fernández Fernández, de Riotorto, Lugo. O Segundo premio en galos foi para Álvaro Rodríguez Rodríguez de Mos, Pontevedra e unha galiña de José R. García de Carral, A Coruña. O terceiro premio en galos foi para Diego Estévez Nieto de Vilar de Barrio, Ourense e para unha galiña de Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra, A Coruña.

Pódense ver máis fotos na web de semana verde e no noso facebook.

A Galiña de Mos na Semana Verde de Galicia.

Entre o 16 e o 19 de xuño a Galiña de Mos estará presente na 34 Feira Internacional Semana Verde de Galicia. A Raza Mos terá unha enorme representación e teremos moitas novidades este ano.
Xa está todo preparado para o comezo.
Tedes entrada e parking gratuíto polo que non existe escusa para achegarse ao recinto Feiral de Silleda a disfrutar de moitas actividades e en especial do noso gando. Estarán entre outros as nosas razas gandeiras autóctonas de vacas, Cachena, Caldelá, Limiá, Frieiresa, Vianesa, Rubia Gallega, a Ovella Galega, a Cabra Galega, o Cabalo de Pura Raza Galega, o Porco Celta e o Can de Palleiro.
Agardámosvos a todos.

Este fin de semana estivemos na feira de Bretoña.

En Bretoña, concello da Pastoriza, provincia de Lugo, celebrouse o 4 e 5 de xuño a Feira do Gando da localidade. Nesta ocasión asistítu unha exposición de todas as nosas razas autóctonas presentadas por criadores da comarca da Terra Chá. De Galiña de Mos expuxéronse entre adultos e poliños 30 exemplares. Unha mostra máis da promoción das nosas razas.


Platos das Xornadas Gastronómicas do Galo Mos na cervexería Liñares

A cervexería Liñares, en Val do Dubra, ofrécenos nas xornadas do Galo Mos, tres suculentos pratos.

ZANCOS DE GALO MOS GUISADOS.
O plato de zancos completos (zanco e contrazanco) guisados teñen un sabor excepcional.


PEITUGA DE GALO MOS EN SALSA DE CHAMPIÑÓNS.
As peitgas do galo troceadas regadas por unha esquisita salsa de champiñóns, acompañadas dunhas patacas fritas son outro plato exquisito. 



ÁS DE GALO MOS AO ALLIÑO.
O terceiro plato que prepara a cervexería Liñares nas Xornadas do Galo Mos é unha aposta arriscada. Son as ás do galo ao alliño acompañadas dunhas rebanadas de pan untadas con queixo e tomate. As ás do galo non teñen nada que ver coas dun polo convencional debido á súa lixeira maior dureza pero cunha intensidade de sabor moi apreciable. Un plato sorprendente que non nos deixará indiferentes.



Ángeles Pereiro, cociñeira da cervexería Liñares, en Val do Dubra. Cociña de calidade con moito gusto.

Un mayor consumo de huevo no se asocia con riesgo cardiovascular

Una investigación llevada a cabo por el departamento de Medicina Preventiva de la Universidad de Navarra demuestra que un mayor consumo de huevo no se asocia con un incremento del riesgo cardiovascular.
Este trabajo ha analizado, durante seis años, la dieta, el estilo de vida y las enfermedades que sufrían 14.185 voluntarios adultos jóvenes e inicialmente sanos a quienes se realizaron repetidas valoraciones durante el trascurso del seguimiento prospectivo. Según la Dra. Itziar Zazpe, “muy pocos estudios han evaluado hasta ahora la relación entre el consumo de huevo y la incidencia de problemas cardiovasculares. Los que existen se han llevado a cabo en EE. UU. y en Japón, y salvo en personas diabéticas, no han encontrado que este alimento se asocie a mayor riesgo cardiovascular; a pesar de lo cual, diversos organismos han recomendado restringir su consumo. Nuestro estudio es el primero que demuestra esta inocuidad en un país europeo”.

Xornadas gastronómicas do galo Mos

A cervexería Liñares, ubicada na parroquia de San Román, no concello de Val do Dubra, A Coruña, organiza durante todo o mes de xuño unhas xornadas de degustación do galo da raza Mos. Os galos son criados durante todo o ano polos criadores da zona, ao aire libre e con alimentación natural. Como sabemos a raza Mos ten unhas características xenéticas que provocan a obtención de carnes de alta calidade.
A cervexería Liñares convídanos a sorprendernos co exquisito sabor da natureza.
A cervexería Liñares atópase na estrada de Santiago a Santa Comba.