Novo número da revista Autóctonas Galegas.

Xa está dispoñible un novo número da nosa revista "Autóctonas Galegas". Este número fai un resume de actividades de todo o ano (ata o mes de novembro).
Pódese consultar no seguinte enlace e tamén, no menú lateral.
https://e.issuu.com/anonymous-embed.html?u=transmediacomunicacion&d=ag_n11_lr2

Con esta entrada pechamos o ano e aproveitamos para desexarvos a todos un Feliz 2019.

A Galiña de Mos estivo nas principais feiras do nadal.

A nosa raza estivo presente en dúas das máis importantes feiras avícolas do nadal galego, a Feira do Capón de Vilalba e a Feira do Galo de Curral de Viladecruces Na primeira participou o criador Francisco Monasterio Solveira, que presentou varias cestas de capóns feitos a partir da raza Galiña de Mos. Agotáronse rapidamente. Na feira de Viladecruces, estivo a criadora María José Castro Abonjo, ademais doutros produtores da zona. 
Foron dúas feiras moi concurridas coas que pechamos un intenso ano de actividades.



Feira de nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces

O sábado 22 de decembro celébrase en Vila de Cruces, unha nova edición da feira de nadal do Galo de Curral. Haberá degustacións e participaran vendendo exemplares varios dos nosos criadores pero eso sí, tamén haberá moita venda de exemplares de galos rubios de estirpes industriais, polo que busca os da raza Mos.

Feira do Capón de Vilalba.

Este venres 21 de decembro celébrase a tradicional Feira do Capón de Vilalba. A grande maioría dos capóns desta feira obtéñense a partir de estirpes industriais de crecemento rápido, pero dous criadores de Avimós, do concello de Vilalba, presentarán varios lotes de capóns da nosa raza, da Galiña de Mos, coma os de antes. 
A feira abrirase a partir das 10 da mañá. 
Busca os capóns de Vilalba da raza Mos.

Remataron unhas exitosas Xornadas de Degustación na hostelería de Vilalba.

Os 15 locais de Vilalba que ofreceron tapas a 2,50 euros durante os cinco días de duración, tiveron un bo éxito na promoción dos ovos e carne de galo da nosa raza.
A continuación podemos ver as imaxes das tapas ofrecidas por cada local (as imaxes son cortesía do criador José Zapata Sánchez).
Parador de Vilalba
 Xoldra
 Mesón do Campo
 Café Xalundes
 Cervexería Lembranzas
 A Casa do Lobo
 A Lareira
 A Taberna
 Bar Cristal
Bar Oasis 
 Bar Pafe
Café Centro 
 80&20 Cocktail Bar
 A Taberna de Michel
Bar O Porrás

Xornadas de Degustación dos produtos da raza en Vilalba.

 A Casa da Cultura de Vilalba acolleu a mañá do 30 de novembro a presentación das Xornadas de Degustación dos Produtos da Raza Galiña de Mos, que se desenvolverán do 5 ao 9 de decembro en 15 establecementos hostaleiros do municipio vilalbés. Existirán suculentas tapas elaboradas con carne de Galo e ovos de Galiña de Mos, que terán un custe de 2,50 euros. Tamén algún dos locais elaborará menús coa raza. Esperámosvos.
Máis información: La Voz de Galicia