Unha das nosas criadoras recoñecida polo seu traballo.

O pasado dias 23 de outubro a nosa criadora Mari Luz Gómez de Granxa O Castiñeiro foi recoñecida por Fademur Galicia e a Deputación da Coruña polo seu traballo no noso rural. Xunto a outras tres mulleres recoñeceuse o seu labor con motivo do día Internacional da Mulleres Rurais. Con motivo do día Internacional das Mulleres Rurais tiveron un acto de recoñecemento catro mulleres: Julia, Iria, MaríLuz e María, que día a día fan do seu traballo no rural e polo rural un exemplo para todas. Recoñeceuse o labor pola súa aportación ao mundo da cultura, as artes e as letras ao Festiletras de Ponteceso. Recoñeceuse aos produtos artesáns, a través do taller Vacatola. Tamén tivo un recoñecemento polo seu compromiso coa Igualdade e o medio rural en María Cedrón, directora do Somos Agro de La Voz de Galicia e como non premiouse o bo facer no sector primario da Granxa O Castiñeiro de Mari Luz Gómez.

María Luz Gómez Fernández, de la Granxa o Castiñeiro, é unha emprendedora, gandeira de primeira xeración, que ten a súa explotación dividida entre os concellos de Ordes e Frades,na provincia da Coruña e sempre tivo claro que quería criar animais de razas autóctonas. Ten o seu domicilio familiar en O Piñeiro, Ordes onde cría Galiña de Mos, actividade coa que comezou e que leva desenvolvendo desde fai máis de doce anos, mantendo un curral con máis de 70 galiñas. A principal fonte de ingresos do seu traballo é a venda de ovos e de aves para consumo, e a través da incubación de ovos na propia granxa, fai a súa propia recría e, asimesmo, vende polos para novas granxas de Galiña de Mos. Tamén lle gustaron sempre as vacas Cachenas, polo que teñen na localidade de Brañas, Frades, un rebaño destas reses que oscila entre os trinta e medio centenar de exemplares. Como a maior parte das mulleres do  rural galego, compaxina o traballo na explotación co coidado da súa nai e dos seus sogros. 

Foi un recoñecemento ao papel esencial que fan as mulleres no noso rural. PARABÉNS!!!

No Forno de Tovar houbo Galiña de Mos.


No restaurante O Forno de Tovar, ubicado no Pazo de Tovar en Lourenzá, Lugo, os produtos da Galiña de Mos estiveron presentes, xunto a outro produto senlleiro da zona, A Faba de Lourenzá. O cociñeiro Jorge López (Vilelo), presentou un prato de Galiña de Mos con ovo da raza e Faba de Lourenzá. Foi un gran éxito pese a estar en datas tan complicadas. A afluencia de público foi moi destacada. Os produtos da raza foron proporcionados pola granxa Chousa do Lea.





 

Ñam ñam...

Que delicia de receita de Galo de Mos estufado moi lento e espinacas á crema de Silabario Gastronomía Podémolo atopar á carta e no seu menú degustación Raíces (a imaxe pertence ao facebook de Silabario Gastronomía)



A Galiña de Mos en "Cociñando a Mariña Lucense".

No proxecto Cociñando a Mariña Lucense,  participan varios dos nosos criadores da zona. Nas imaxes podemos ver aos criadores Rogelio Pereira e Luis Fernández. Este proxecto vai encamiñado a promocionar na costa de Lugo, a produtores de aqueles produtos de calidade e artesanais da zona e coma non, non podían faltar os nosos criadores.


A nosa raza protagonista na publicacion do calendario escolar 2020-2021 do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

 

FANTÁSTICO!!!. A nosa raza foi escollida entre todas as aves españolas, para ser divulgada nun calendario do Ministerio de Educación en rapaces de países do leste de Europa. Aparece xunto a outras fermosas razas de España. Parabéns á Federación Razas Autóctonas Españolas -FEDERAPES pola xestión coa Embaixada española de Polonia.
O calendario pódese descargar desde aquí

A Galiña de Mos na Illa de Ons.

Ata a illa de Ons chegou a Galiña de Mos!!!. O noso amigo Iván Rodríguez envíanos estas imaxes que sacou onte na illa de Ons onde observou, que tamén ata alí chegaron exemplares da nosa raza.