Unha das nosas criadoras recoñecida polo seu traballo.

O pasado dias 23 de outubro a nosa criadora Mari Luz Gómez de Granxa O Castiñeiro foi recoñecida por Fademur Galicia e a Deputación da Coruña polo seu traballo no noso rural. Xunto a outras tres mulleres recoñeceuse o seu labor con motivo do día Internacional da Mulleres Rurais. Con motivo do día Internacional das Mulleres Rurais tiveron un acto de recoñecemento catro mulleres: Julia, Iria, MaríLuz e María, que día a día fan do seu traballo no rural e polo rural un exemplo para todas. Recoñeceuse o labor pola súa aportación ao mundo da cultura, as artes e as letras ao Festiletras de Ponteceso. Recoñeceuse aos produtos artesáns, a través do taller Vacatola. Tamén tivo un recoñecemento polo seu compromiso coa Igualdade e o medio rural en María Cedrón, directora do Somos Agro de La Voz de Galicia e como non premiouse o bo facer no sector primario da Granxa O Castiñeiro de Mari Luz Gómez.

María Luz Gómez Fernández, de la Granxa o Castiñeiro, é unha emprendedora, gandeira de primeira xeración, que ten a súa explotación dividida entre os concellos de Ordes e Frades,na provincia da Coruña e sempre tivo claro que quería criar animais de razas autóctonas. Ten o seu domicilio familiar en O Piñeiro, Ordes onde cría Galiña de Mos, actividade coa que comezou e que leva desenvolvendo desde fai máis de doce anos, mantendo un curral con máis de 70 galiñas. A principal fonte de ingresos do seu traballo é a venda de ovos e de aves para consumo, e a través da incubación de ovos na propia granxa, fai a súa propia recría e, asimesmo, vende polos para novas granxas de Galiña de Mos. Tamén lle gustaron sempre as vacas Cachenas, polo que teñen na localidade de Brañas, Frades, un rebaño destas reses que oscila entre os trinta e medio centenar de exemplares. Como a maior parte das mulleres do  rural galego, compaxina o traballo na explotación co coidado da súa nai e dos seus sogros. 

Foi un recoñecemento ao papel esencial que fan as mulleres no noso rural. PARABÉNS!!!