INFORMACIÓN SOBRE PRÓXIMAS FEIRAS

Querémosvos informar de que os vindeiros días 23 e 24 de setembro, celébrase en Arzúa o festival Terractiva, que terá unha feira de productos agropecuarios na que haberá un stand informativo sobre a Galiña de Mos. Tamén se impartirá unha charla sobre a raza.

Do 5 ao 8 de outubro con motivo da feira Expolugo, que se celebrará no Recinto Feiral de Lugo, haberá unha mostra de razas autóctonas galegas na que tamén se informará sobre a Galiña de Mos nun stand.

Según nos informan os organizadores, con motivo das medidas de bioseguridade aínda vixentes sobre a gripe aviar, non se poderán expoñer exemplares da raza nestas dúas feiras.

Por outra banda, os próximos días 10, 11 e 12 de novembro se celebra en Castropol (Asturias) o I Campeonato de España de Razas Autóctonas de avicultura, colombicultura e cunicultura, lugar onde si se poderán ver exemplares de tódalas razas de galiñas españolas e extranxeiras. A esta exposición asistirá un nutrido grupo de representantes galegos.

Tamén vos informamos que a nosa asociación exporá na 25 Europa Show, a maior exposición europea de aves, a celebrar en Leipzig, Alemania, do 8 ao 10 de decembro, exemplares da raza para a súa difusión internacional. Espérase nesta exposición a participación de 100.000 animais en competición.