A Galiña de Mos na Vuelta Ciclista a España.

Un ano máis a Galiña de Mos darase a coñecer por unha boa parte de España, coa celebración da "Vuelta ciclista a España". Grazas á invitación da Asociación provincial de Hosteleros de Lugo, participaremos no posto promocional con degustación de Galiña de Mos e outros produtos de calidade galegos.
Asistimos á presentación o día 2 de agosto en Lugo.



Outro éxito en Tapirazas.

 Agotáronse os catro días de feiras todos os menús. Outro éxito máis de Tapiraza e xa van...






Un equipazo.

 Esta nova edición da feira Semana Verde de Galicia, celebrada en Silleda, Pontevedra, foi outro éxito. A familia das razas autóctonas forma un gran equipo.



Criadores de Galiña de Mos participaron en Salimat.

 Un bo número de produtores da nosa raza participaron no Salón da Alimentación do Atlántico celebrado con motivo da Semana Verde de Galicia, integrados con outros produtores das razas autóctonas. No espazo organizado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA participaron as marcas 

Granxa Castro de Madrosende, Granxa Aeiroá, Ganadería Balín, Aves do Concello, O Agro- Roberto Louzán, Gandería y Carnicería Lage, Gandería Tras Do Río, Churras da Caneira, Carnicería Mario Nogueira, Montes de Boado, e Cachenas de San Breixo. 








Nova edición do Concurso de tortilla de pataca.

Na Semana Verde de Galicia, colaboramos no Concurso de tortillas organizado pola DOP Aceite de Baeza coa colaboración da nosa entidade e da Indicación Geográfica Protegida Pataca de Galicia e do Consello Regulador Pan de Cea. O xurado valorou ás ricas tortillas de pataca que elaboraron os participantes.








Agotados os exemplares no mercado de aves vivas.

 Na feira Semana Verde de Galicia tamén houbo un mercado de aves vivas da nosa raza. Agotáronse os exemplares postos á venda.

As Granxas O Castiñeiro, de Mari Luz Gómez de Ordes e a Granxa Aeiroá, de Sandra López de Láncara participaron.








Resultados do Campionato Galego da raza Galiña de Mos.

Excelente o nivel deste ano no CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS, celebrado con motivo da Semana Verde de Galicia en Silleda, Pontevedra.
Os xuíces destacaron o nivel das aves presentadas da nosa raza. Este campeonato estivo dividido en dous certames no que 25 criadores de Avimós participaron cos máis de 150 exemplares adultos en concurso por lotes e, en concurso individual. Os resultados foron:
- PREMIOS 10ª exposición e concurso por lotes de Galiña de Mos-Semana Verde 2023,
o 1ª premio: LOTE propiedade de José Luis Freire Castedo (Pol- Lugo)
o 2ª premio: LOTE propiedade de Oscar Rodríguez Otero (Mos -Pontevedra)
o 3º premio : LOTE propiedade de José Zapata Sánchez (Castro de Rei)
- PREMIOS XIV Concurso Monográfico da Galiña de Mos:
- Na categoría de Galos:
o 1º premio: Galo propiedade de Francisco José Monasterio Solveira (Vilalba- Lugo)
o 2º premio: Galo propiedade de Alejandro Collazo Casal (Mos- Pontevedra)
o 3º premio: Galo propiedade de Sandra López López (Láncara – Lugo)
- Na categoría de Femias
o 1º premio: Galiña propiedade de Carlos Alberto Pampín Otero (Vila de Cruces- Pontevedra)
o 2º premio: Galiña propiedade de José Luis Freire Castedo (Pol- Lugo)
o 3º premio: Galiña propiedade de Oscar Miranda Gómez (Castro de Rei – Lugo)