Criadores de Galiña de Mos participaron en Salimat.

 Un bo número de produtores da nosa raza participaron no Salón da Alimentación do Atlántico celebrado con motivo da Semana Verde de Galicia, integrados con outros produtores das razas autóctonas. No espazo organizado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA participaron as marcas 

Granxa Castro de Madrosende, Granxa Aeiroá, Ganadería Balín, Aves do Concello, O Agro- Roberto Louzán, Gandería y Carnicería Lage, Gandería Tras Do Río, Churras da Caneira, Carnicería Mario Nogueira, Montes de Boado, e Cachenas de San Breixo.