Gran éxito da Galiña de Mos na Semana Verde.

Fai uns días rematou a Feira Internacional de Galicia-Semana Verde 2014. Foron uns días cheos de actividades de promoción da nosa raza. Foi un éxito. Noraboa e grazas a todos. 
Entre as actividades destacaron as seguintes:

Últimos preparativos para comezar a Semana Verde

Desde mañá xove estaremos na Feira Internacional de Galicia. Estamos cos últimos detalles.  Hoxe mércores xa están a entrar as aves para participar no 1º Campionato Galego da raza Galiña de Mos, que se divide no Concurso por lotes e no Monográfico Individual. 
Esperámosvos a todos.

Os galos e as pulardas da nosa raza poderanse degustar en Salimat


Dentro da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que se celebra esta semana, haberá degustacións todos os días das nosas razas autóctonas. Será no stand TapiRazas no pavillón número 1. Na imaxe pódese ver o interesante menú.



Tamén se comercializará carne das nosas razas, incluíndo seis expositores de aves da nosa raza. Para máis información pinchar aquí.

O Mesón Colón introduce a Pularda de raza Mos para o Arde Lucus

O Meson Colon en Nadela, Lugo, proponnos un apasionante menú para esta semana con motivo da celebración da festa Arde Lucus, onde están as pulardas da nosa raza. As aves son proporcionadas pola granxa Eido de Cabaleiros, de Láncara, Lugo. Este menú con referencias aos antigos romanos estará composto por: MENU ARDE LUCUS DEL 10 AL 14 DE JUNIO -PASTEL ESPECIADO DE CORDERO -CALABACIN RELLENO DE PULPO ESTILO APICIO -PULARDA DE MOS NUMIDICA -CREMA DE QUESO CON UVAS -VINO MIELADO

A Galiña de Mos nas Xornadas Técnicas de Razas Autóctonas

Con motivo da Semana Verde, realizaranse unhas interesantes Xornadas Técnicas de Razas Autóctonas Galegas en Perigo de Extinción. Estas xornadas celebraranse no Pavillón número 3 do recinto feiral de Silleda, no stand de Boaga, entre o venres 13 de xuño e o domingo 15. Para a nosa raza o día grande será o domingo, onde existirán dúas importantes ponencias pola mañá e pola tarde, celebraremos a nosa asamblea anual. As charlas tratarán temas como a alimentación nos exemplares da nosa raza e sobre as características cárnicas das pulardas da nosa raza. Na imaxe podemos consultar o programa das xornadas.

Éxito do Galo Mos en Cádiz

Infórmannos desde Cádiz, que as Xornadas que se están a facer no restaurante El Faro de Cádiz, están a ser un gran éxito. Os comensais están a destacar as cualidades das carnes dos nosos galos. Na imaxe que nos envía un galego que vive na cidade gaditana, podemos ver a ración de galo que se pode degustar dentro do "menú Galicia en Cádiz".

O galo da nosa raza poderase degustar en Cádiz.

O restaurante El Faro de Cádiz organiza do 4 ao 15 de xuño, un menú especial denominado "Menú Galicia en Cádiz", sendo o plato de carne do menú "Gallo de Mos al horno con patatas". Conta coa colaboración do restaurante La Casa de las 5 Puertas, de Pontevedra.
Os galos foron proporcionados pola cooperativa de recente creación Crugalo, de Vila de Cruces.

Un novo criador estrénase na web

José Manuel Garrido Jiménez, de Furco, Becerreá, na provincia de Lugo, preséntanos a súa web granjadefurco.webnode.es
Engadimos enlaces para unha rápida localización, na barra lateral das páxinas dos criadores.