Gran éxito da Galiña de Mos na Semana Verde.

Fai uns días rematou a Feira Internacional de Galicia-Semana Verde 2014. Foron uns días cheos de actividades de promoción da nosa raza. Foi un éxito. Noraboa e grazas a todos. 
Entre as actividades destacaron as seguintes:

O 1º Campionato Galego da raza Galiña de Mos-SEMANA VERDE 2014 estivo dividido no monográfico individual e no concurso por lotes. Os resultados nos que participaron 24 criadores das provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra foron os seguintes:
No VII CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS:
Na categoría de galos:
1º PREMIO: galo pertencente a José Zapata Sánchez, de Castro de Rei, Lugo.
2º PREMIO: galo pertencente a Luis Fernández Fernández, de Riotorto, Lugo.
3º PREMIO: galo pertencente a Mª José Castro Abonjo, de Vila de Cruces, Pontevedra.

Na categoría de galiñas:
1º PREMIO: galiña pertencente a Álvaro Rodríguez Rodríguez, de Mos, Pontevedra.
2º PREMIO: galiña pertencente a María Dolores López Ramos, da Estrada, Pontevedra.
3º PREMIO: galiña pertencente a Lourdes Mulet Abeledo, de Lalín, Pontevedra.
Na 3ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DA GALIÑA DE MOS os resultados foron:
1ºPREMIO: lote pertencente a Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra, A Coruña.
2º PREMIO: lote pertencente a Cruz Lucía Grille Negreira, de Tordoia, A Coruña.
3º PREMIO: lote pertencente a Luis Fernández Fernández, de Riotorto, Lugo.

No Mercado de aves vivas, participaron cinco criadores agrupados en dous stands propios, poñéndose á venda varios centos de poliños para os interesados.
 Nas XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS o domingo foi o día grande da Galiña de Mos xa que se fixeron dúas charlas, unha sobre os Principios básicos da alimentación en avicultura artesanal e outra sobre un avance de resultados sobre as características das pulardas da nosa raza. Pola tarde celebrouse a asamblea xeral da nosa organización. As xornadas técnicas celebráronse como novidade, no pavillón de gandería, no noso stand, aberto para todo o público interesado e integradas co resto das actividades.
  No pavillón número 1 do recinto feiral, celebrouse o Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT, onde houbo 8 produtores de Galiña de Mos que participaron no espazo para as razas autóctonas denominado "De Nós para Vós", con exposición e venda dos produtos da raza e presentación das marcas e granxas dos nosos produtores. Os produtores de Galiña de Mos que participaron foron:
-Granxa O Agro, de Vimianzo, A Coruña.
-Gandería Tras do Río, de Ortigueira, A Coruña.
-Granxa Aves do Concello, de Vilalba, Lugo.
-Granxa Chousa do Lea, de Castro de Rei, Lugo.
-Jorgue Anguez, de Triacastela, Lugo.
-Ramón Vázquez, de Monforte de Lemos, Lugo.
-Galo Celta, de Vila de Cruces, Pontevedra.
-Granxa Castro de Madrosende, de Vila de Cruces, Pontevedra.

 No restaurante TapiRazas, propiedade da Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA, fixemos degustacións de todas as nosas razas autóctonas. Os menús foron elaborados polo equipo do restaurante Andarubel, de Pontedeume, capitaneados polo chef Antonio Díaz. Agotouse o produto todos os días. O xoves houbo no menú Pularda da nosa raza ao alliño e o sábado Galo Mos asado.