O Xornal Terra Chá Xa escribe sobre unha bonita experiencia.

Os pequenos do colexio de Román, no concello de Vilalba, provincia de Lugo crían galiñas de Mos como parte da súa aprendizaxe. 
En colaboración coa nosa asociación, neste colexio viviron a experiencia do nacemento de poliños da raza Galiña de Mos e posteriormente están a ser criados para pasar a formar parte do galiñeiro que se está construindo no propio centro.
Máis información aquí.

Nun colexio de Lugo, máis nacementos.

 O 21 de Decembro, na Escola de Educación Infantil Rosalía de Castro, en Lugo, naceu outro lote dos nosos poliños. os nenos e nenas disfrutaron moito da experiencia.









Nas Pontes naceu outro lote de polos.

O 21 de decembro no CEIP A Magdalena, nas Pontes de García Rodríguez, naceron poliños da nosa raza. Os alumn@s observaron o ciclo de incubación e os resultados tralos 21 días desde a posta en marcha da incubadora.









En Vilalba naceron máis poliños.

Tamén o 28 de novembro, no CEIP Terra Chá, no concello de Vilalba, naceron poliños da nosa raza, trala incubación que puxemos tres semanas atrás. Estes polos están a ser criados na escola para que os alumnos podan ver a súa evolución. Tamén están a construir o galiñeiro onde estarán ao aire libre.













En Foz naceron poliños.

No CEIP Fondo Nois, en Nois, concello de Foz, naceron poliños da nosa raza o día 28 de novembro. Achégamonos a impartirlles aos alumnos varias charlas sobre a Galiña de Mos, asistindo tamén un galo e unha galiña á aula, aproveitando o día de nacemento.









Curso sobre produción avícola artesanal en Monforte.

O pasado 12 de novembro celebrouse no Centro de Formación y Experimentación Agraria de Monforte de Lemos, un curso denominado AVICULTURA ARTESANAL COA RAZA GALIÑA DE MOS E COMERCIALIZACIÓN DAS SÚAS PRODUCIÓNS. O curso foi impartido polo Director Técnico de Avimós, Diego Rois, a través da organización pola Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria da Xunta de Galicia. Colaborou tamén na organización a Asociación de avicultores da Ribeira Sacra.






Na feira de Santos estivo a Galiña de Mos.

 Na feira de Santos, en Monterroso, o pasado 1 de novembro, estiveron os criadores de MosUlloa expoñendo os seus exemplares. Foi unha feira con moita xente.




Outro éxito da ExpoDegustación da Galiña de Mos.

Outro gran éxito da ExpoDegustación da Galiña de Mos, que se celebrou en San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei. Preto de 1000 persoas achegáronse a degustar os productos da nosa raza. Pese a que non se celebrou a exposición de aves vivas, polas restricións existentes en Galicia pola gripe aviaria, estando prohibidas as concentracións de aves, a carpa encheuse de xente disposta a degustar as producións da Galiña de Mos.