Este domingo a Galiña de Mos estará en Láncara.

Este domingo con motivo da celebración da Festa de exaltación da Tenreira Galega, na Pobra de San Xiao, concello de Láncara (Lugo), estaremos acompañando á criadora Sandra López, do mesmo concello.

Dous postos de Galiña de Mos estiveron en Ordes.

Os pasados días 23 e 24 de abril as criadoras Mari Luz Gómez Fernández e Cruz Grille estiveron na exposición que se celebrou en Ordes con motivo da Festa do Champiñón.
Foi unha feira que visitaron moitas persoas e se interesaron pola raza e polas granxas das dúas criadoras presentes na feira.
 Mari Luz Gómez

Cruz Grille

O Galo Mos estivo no mercado de Pontevedra

O pasado sábado 23 de abril, un grupo de cociñeiros promocionaron mediante un showcooking ás razas autóctonas no Mercado Municipal de Pontevedra. O chef Rubén Vallejo cociñou o Galo Mos. Un gran éxito. 


Este sábado Galo Mos en Pontevedra.

Este sábado 23 de abril, de 12:00 a 14:00 horas, celebrarase na Praza de Abastos de Pontevedra, unha DOG MUSIC, no que participarán de cheo as nosas razas autóctonas galegas. Trátase dun evento no que se combina gastronomía con música.
Desta vez e coincidindo co día Internacional do Libro, farase unha presentación, exposición e venda deste libro. “Cociñando Coas Razas Autóctonas”.
Tamén se fará un showcooking coa carne de razas autóctonas galegas a cargo de:
Iñaki Bretal, chef e propietario de “Leirado da Leña” en Pontevedra, que fará “Tataki de raza Cachena”
Rubén González Vallejo, chef de “El Cafetín”, que cociñará “Galo de Mos Recheo”.
Rocío Garrido Caramés, de la “Cocina de mi abuelo”, que fará o prato “Que va que bo de Cordeiro de raza Ovella Galega”.

Por último haberá un stand con información sobre as razas autóctonas galegas para promocionar e dar a coñecelas e tamén os seus produtos. 



Unha proposta orixinal de promoción.

O criador Manuel Rodríguez Alonso (Ivo) fainos chegar estas fotografías da súa caravana, na que ten rotulados diversas siluetas dun galo da nosa raza, facendo chegar así esta información por todos os rincóns de España polos que se despraza.
É unha proposta de marketing diferente e orixinal, sendo unha maneira máis de promocionar a nosa raza.

A Galiña de Mos estivo en Narón.

Este fin de semana os días 9 e 10 de abril, o criador Xosé María García Villaverde da granxa Quinta da Vacaloura, estivo na parroquia de Sedes, en Narón, na Feira de Artesanía que se celebrou no recinto da feira do trece. Ofreceu información da súa granxa e das razas Galiña de Mos e Ovella Galega. 

Xornadas gastronómicas do Galo Mos na Fonsagrada.

No Restaurante Cantábrico na Fonsagrada, celebraranse durante os fines de semana do mes de abril unhas Xornadas do Galo da nosa raza. As aves son proporcionadas pola granxa Chousa do Lea.
Son as primeiras xornadas deste tipo que se organizan na montaña lucense.

Este fin de semana estaremos en Narón.

Este fin de semana a Galiña de Mos estará na VII Feira Multisectorial agrícola que se celebra na parroquia de Sedes, no concello de Narón. Asisitirá o criador Xosé María García Villaverde, da granxa Quinta da Vacaloura, cun posto onde se exporá información da nosa raza e da súa granxa, ademáis da raza Ovella Galega, da que tamén é criador.

Remataron unhas exitosas xornadas gastronómicas en Lugo.

As Xornadas gastronómicas do galo da nosa raza celebradas en Lugo, no restaurante-pulpería Aurora, remataron cun grande éxito. Organizadas polo propio restaurante e a granxa Chousa do Lea, contaron con moitos comensais que acabaron satisfeitos e valoraron a calidade do produto.
De primeiro plato ofreceuse revolto de ovos de raza Galiña de Mos ou ben ovos de Galiña de Mos fritos con chourizo e patacas e de segundo Galo Mos guisado.
Noraboa por estas iniciativas.







A Galiña de Mos estivo na Feira do Queixo do Cebreiro.

A Galiña de Mos estivo na Feira do Queixo do Cebreiro celebrada o 25 de marzo. O criador de Pedrafita do Cebreiro Roberto Raposo, presentou un posto con exemplares e repartíu información sobre a raza e sobre a súa granxa.