Concurso de Tapas de Lugo.

 No concurso de tapas de Lugo, celebrado no mes de novembro, unha tapa feita con Galo de Mos foi a gañadora. A aposta da parrillada El Boni cautivou ao público.




En Baio naceron poliños.

No IES Maximino Romero de Lema, en Baio, na provincia da Coruña naceron nove poliños da nosa raza, trala incubación posta en marcha 21 días atrás. Os alumnos e alumnas do instituto asistiron a unha charla con vídeo explicativa sobre a Galiña de Mos e sobre o proceso de incubación dos ovos de galiña. Agora os polos xa se están a criar nunha das aulas para ir vendo o seu crecemento, sendo trasladados cando sexan máis adultos a galiñeiros no exterior.








Exposición en Vegadeo

Outra boa nova. Na Exposición Internacional de Avicultura de Vegadeo, organizada pola Asociación de avicultura "La Pinina", vense de proclamar mellor galo de toda a exposición de razas españolas, un galo da nosa raza, propiedade de Alberto Bujan Morandeira, de Guitiriz, provincia de Lugo. Parabéns!!! A raza Galiña de Mos está de moda!


Entrevista na TVG

O día 8 de novembro participaron o Presidente de Avimós e o Director Técnico no programa Quen Anda Ahí, da TVG falando da nosa raza. Si o queredes ver entre os minutos de programa 01.20 e 15.10 e outra entrada entre os minutos 34.48 e 44.41 no seguinte enlace https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-791-6309380?t=5645&fbclid=IwAR11fO6BwLjxi_-TjUZHo2AIGO7ob8SSWs9yYUBsVGP8wtrr0N6QcRIGKes



Campionato de España de Avicultura.

Entre o 2 e o 5 de novembro celebrouse en Jeréz o Campionato de España de Avicultura. Un grupo de criadores organizaron a viaxe para asistir cos exemplares da nosa raza e os resultados da exposición para as aves da raza Galiña de Mos foron os seguintes: Galo campión de España, propiedade de Luis Fernández Fernández, de Riotorto, provincia de Lugo. O galo subcampión é propiedade de Jesús Soneira Ramos, de O Saviñao, provincia de Lugo. A Galiña campioa foi para unha de María del Carmen Fernández Barros, de Betanzos, A Coruña. A Galiña subcampioa pertence a Óscar Miranda Gómez,de Castro de Rei,Lugo. Parabéns!!!







Novas xornadas gastronómicas

 Novas Xornadas Gastronómicas sobre os produtos da raza Galiña de Mos no restaurante Beiramiño, en Cospeito, Lugo. As aves son proporcionadas pola granxa Chousa do Lea.