No IES Maximino Romero de Lema, en Baio, na provincia da Coruña naceron nove poliños da nosa raza, trala incubación posta en marcha 21 días atrás. Os alumnos e alumnas do instituto asistiron a unha charla con vídeo explicativa sobre a Galiña de Mos e sobre o proceso de incubación dos ovos de galiña. Agora os polos xa se están a criar nunha das aulas para ir vendo o seu crecemento, sendo trasladados cando sexan máis adultos a galiñeiros no exterior.