Novo número de "Autóctonas Galegas"

Xa está dispoñible un novo número da nosa revista "Autóctonas Galegas". Este número fai un resume de actividades de todo o ano (ata o mes de novembro). Pódese consultar no seguinte enlace e tamén, no menú lateral. 
Con esta entrada pechamos o ano e aproveitamos para desexarvos a todos un Feliz 2020.

A Galiña de Mos estivo nas Feiras do Capón e do Galo de Curral.

A nosa raza estivo representada na Feira do Capón de Vilalba e na do Galo de Curral de Vila de Cruces coa participación dos criadores Francisco Monasterio e María José Castro respectivamente. 
Nas dúas feiras houbo diversas degustacións nas que colaboraron outros criadores nosos. 

Na Feira do Capón de Vilalba houbo unha demostración de cociña e degustación de produtos de razas autóctonas organizada por granxa Aeiroá, de Sandra López, coa súa foodtruck. O cociñeiro Oliver Fernández explicou o proceso de cociñado e as súas características.

En Vila de Cruces a degustación tamén foi moi concurrida, participando o criador e cociñeiro da nosa raza Santiago Caramés.



Este domingo imos de feira

Este domingo 22 de decembro celébranse as tradicionais Feiras do Capón de Vilalba e do Galo de Curral de Vila de Cruces. A grande maioría dos exemplares destas feiras obtéñense a partir de estirpes industriais de crecemento rápido, pero varios criadores de Avimós, participan con exemplares da nosa raza. Si queredes asistir buscade os exemplares da raza Galiña de Mos que están identificados cos precintos respectivos de galo (de cor vermella) e de capón (de cor azul).
As dúas feiras abrirase a partir das 10.30.

E no CEIP Canido de Ferrol outra experiencia de incubación.

No CEIP Cruceiro de Canido en Ferrol, houbo outra experiencia de incubación de ovos de galiñas da nosa raza, para alumnos de primaria. O día de nacemento tamén asistiron un galo e unha Galiña de Mos á aula facendo as delicias dos rapaces e rapazas. A implicación das profesoras foi de agradecer. 

No CEIP Virxe do Mar de Narón naceron poliños.

No CEIP Plurilingüe Virxe do Mar de Narón, naceron poliños da nosa raza o pasado 5 de decembro. Trala incubación feita 21 días antes, os ovos e poliños foron observados polos alumnos, que recibiron as nosas explicacións no día de nacemento coa asistencia ás súas aulas dun galo de dunha Galiña de Mos. A profesora Pilar Saavedra liderou a iniciativa, participando tamén Juan Carlos Puente, antigo criador da nosa raza e presidente do Clube do Can de Palleiro.