II Campeonato de España de Avicultura

Na localidade asturiana de Castropol celebrouse o II Campeonato de España de Avicultura entre os días 9 e 11 de novembro. Na Galiña de Mos resultou vencedora unha galiña de Edmundo Novoa, de Lugo. En segunda posición quedou unha galiña de Ramón Abella, de Valdoviño.
O concurso tamén contou coa participación de exemplares de Germán Fraga, Fidel López, Carlos Durán, os tres de Ferrol e de Luis Fernández de Riotorto. Tamén participaron criadores da raza doutras autonomías. En total foron máis de trinta exemplares da raza na exposición.


Nova web

O criador da raza Luis Fernández Fernández, pon en marcha unha páxina persoal con información das súas galiñas e da Ovella Galega, raza da que tamén é criador.

Felicitamos a Luis pola súa iniciativa e animamos a calquera criador que teña algunha novidade publicitaria a que nola comunique.

Creamos un novo capítulo na barra lateral para engadir as webs dos criadores.

Podedes ver a páxina de Luis premendo aquí.

ESPECTACULAR

Espectacular foi a palabra máis escoitada no I Concurso-Exposición Monográfico da Galiña de Mos celebrado en Lugo do 4 ao 7 de outubro integrada dentro da mostra Expolugo.

É a primeira vez que se celebra en Galicia unha exposición de galiñas destas características e foi un rotundo éxito. Visitaron o concurso-exposición máis de 24.000 persoas.

Moitas autoridades visitaron o concurso-exposición e felicitaron á asociación.

O Vicepresidente da Xunta de Galicia, D. Anxo Quintana (no centro) atende ás explicacións do Presidente de Avimós (dereita) D. Francisco Monasterio. Á esquerda o Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia D. Fernándo Blanco.

O presidente de Avimós (no centro) xunto ao Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, D. Fernando Blanco (esquerda) e o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, D. José Ramón Gómez (dereita).

O Conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia, D. Alfredo Suárez (esquerda) e o Delegado de Lugo da Consellería do Medio Rural D. Emilio López (centro) na exposición xunto ao Presidente de Avimós.


Os exemplares presentados polos criadores ao concurso foron dunha altísima calidade, o que contribuíu á maior vistosidade da exposición.

Os gañadores foron:


Na categoría de galos:

1º Premio: galo propiedade de Carlos Durán, de Ferrol.

2º Premio: galo propiedade de Ricardo Allegue, de Fene.

3º Premio: galo propiedade de Francisco Manuel Penabad, de Ortigueira.


Na categoría de galiñas:

1º Premio: galiña propiedade de Edmundo Novoa, de Lugo.

2º Premio: galiña propiedade de Luis Fernández, de Riotorto.

3º Premio: galiña propiedade de Mario Rico, de Ferrol.


Tamén se celebrou o IV Concurso Infantil de Debuxo da Galiña de Mos. Nos próximos días publicaremos tódolos debuxos.

A gañadora do concurso de debuxo Sofía Puente, de Ferrol, recibe o premio entregado polo Delegado de Lugo da Consellería do Medio Rural, D. Emilio López.


I CONCURSO-EXPOSICIÓN MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS

Todo preparado para a celebración do I Concurso monográfico da nosa raza. Será no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo do 4 ao 7 de outubro, incluído dentro da mostra gandeira que se fará con motivo das festas do San Froilán da capital lucense.

Exposición Comarcal Oenach-Atlántico

O pasado día 29 de xullo, con motivo da celebración dunha mostra agrogandeira incluída na festa denominada Oenach Atlántico, na parroquia de Sedes, concello de Narón, provincia da Coruña, os criadores da raza da zona organizaron unha exposición comarcal que foi visitada por moito público. Expuxéronse un total de trece lotes de exemplares de gran calidade.

Os criadores que expuxeron foron:

ÁLVARO LÓPEZ ARIAS do concello de NARÓN

LUIS GARNELO PRADA de NEDA

JUAN CARLOS PUENTE HERMIDA de Pedroso-NARÓN

CARMEN GRANDAL SANTALLA de Serantes-FERROL

FIDEL LÓPEZ TEMBRÁS de Cobas-FERROL

GERMÁN FRAGA CORTÉS de Cobas-FERROL

JOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ LAGOA de Sedes-NARÓN

RICARDO ALLEGUE RODRÍGUEZ de FENE


Balance da Semana Verde 2007


Rematou a edición do 2007 da Feira Internacional Semana Verde de Galicia.A Galiña de Mos estivo representada con tres lotes de exemplares formados por tres galiñas e un galo propiedade do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia,da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
Avimós estivo integrada no stand das razas autóctonas galegas e do Pazo de Fontefiz. Establecéronse multitude de contactos informativos con moitos interesados sobre a nosa raza.
Repartíronse máis de 4.000 trípticos sobre a raza e con información dos criadores con disponibilidade de exemplares para venda.

Entradas para a Feira Semana Verde

Temos entradas para a Feira Internacional Semana verde de Galicia, que se celebrará en Silleda do 13 ao 17 de xuño. Todo criador que esté interesado as pode pedir á asociación no teléfono 988205487. Máximo dúas entradas por criador.

Record de visitas

Nestes últimos tres meses se disparou o número de visitas á nosa páxina. Nos tres meses se superaron as 2.000 visitas por mes, o que supón a marca máis alta do tempo que levamos na rede.
O aumento do número de visitantes é debido ao gran número de persoas interesadas en ter información sobre a raza e de facerse con exemplares.
Noraboa a todos.

Nesta imaxe podemos ver as estadísticas da páxina web no último ano.

Actualizado o listado de Criadores con disponibilidade de exemplares.

Actualizamos o listado de Criadores con disponibilidade de exemplares para venta.
Premendo no banner lateral vos aparecerá o listado con todos os criadores que lles poden proporcionar exemplares aos interesados, nas datas actuais.

Expofeira de Bembibre, Val do Dubra

Como anunciamos, os pasados días 31 de marzo e 1 de abril celebrouse en Bembibre, concello de Val do Dubra, provincia da Coruña a III Feira de razas autóctonas en perigo de extinción, enmarcada dentro das feiras de abril da localidade. A Galiña de Mos estivo presente con exemplares presentados polos criadores do concello Mariña Grille, Rocío Calvelo, José Antonio Liñares e Sergio Noya.
En cinco restaurantes da zona houbo xornadas gastronómicas do Galo Mos e de Cachena que foron un gran éxito, como non podía ser menos ao poder degustar os comensales dúas das carnes de maior prestixio da nosa terra.
A nosa noraboa á organización da feira e aos criadores de Galiña de Mos de Val do Dubra polo gran traballo feito.


O Director Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, D. Antonio Oca Fernández observa os exemplares de Galiña de Mos na feira.

Avimós asistíu á feira cun stand publicitario acompañado do Pazo de Fontefiz (Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia) e das asociacións de criadores das razas bovinas e da Ovella Galega.

As xornadas gastronómicas sobre as carnes do Galo Mos foron un auténtico éxito un ano máis, puidendo disfrutar os consumidores da calidade do noso producto.

III Expofeira ecolóxica e de razas en perigo de extinción.

Informámosvos de que en Bembibre, no Concello de Val do Dubra, provincia da Coruña, vanse celebrar os vindeiros dias 31 de marzo e 1 de abril a III Expofeira ecolóxica e de razas en perigo de extinción, organizando os criadores da zona unhas Xornadas sobre o Galo Mos en diversos restaurantes nas que colabora a nosa asociación. Tamén haberá xornadas técnicas e diversas actividades.



O GALO MOS

Ahí tedes un vídeo sobre a nosa raza e, en especial o galo, feito co acompañamento da canción do mítico grupo "Heredeiros da Crus" titulada "que jallo é". Os máis pequenos coñeceran esta canción xa que aparece no "Xabarín Club".
Esperamos que vos guste.


XX Exposición-Concurso Ciudad de Valls

Do 19 ao 21 de xaneiro de 2007, celebrouse na cidade de Valls, en Tarragona, a vixésima edición dunha das exposicións máis importantes do Sur de Europa, asistindo unha boa representación dos exemplares da nosa raza.
Destacaron os exemplares presentados polos criadores Edmundo Novoa, de Lugo, Germán Fraga, de Ferrol e Ramón Abella, de Valdoviño. Tamén participaron con exemplares de Galiña de Mos criadores doutras zonas de España, proba da expansión que están tendo as nosas aves.
A exposición contou tamén con diversos actos paralelos, con charlas técnicas e unha interesante ponencia do Xefe do Servizo de Gandería da Generalitat de Cataluña, Eduard Torres, e unha posterior mesa redonda, que tratou sobre a problemática que teñen os criadores das distintas zonas de España para a legalización das súas pequenas explotacións avícolas. Os representantes das diferentes asociacións presentes, en colaboración con diverso persoal de varias administracións autonómicas, decidimos que nos próximos meses estableceremos unha serie de contactos para acadar unha postura común para tratar esta problemática posteriormente co Ministerio de Agricultura, de cara ao establecemento dunha normativa estatal.

O criador Edmundo Novoa ao carón do seu lote de exemplares

O presidente de Avimós, Francisco Monasterio
observa varias das galiñas da nosa raza na exposición.

Diversas vistas da exposición.