Expofeira de Bembibre, Val do Dubra

Como anunciamos, os pasados días 31 de marzo e 1 de abril celebrouse en Bembibre, concello de Val do Dubra, provincia da Coruña a III Feira de razas autóctonas en perigo de extinción, enmarcada dentro das feiras de abril da localidade. A Galiña de Mos estivo presente con exemplares presentados polos criadores do concello Mariña Grille, Rocío Calvelo, José Antonio Liñares e Sergio Noya.
En cinco restaurantes da zona houbo xornadas gastronómicas do Galo Mos e de Cachena que foron un gran éxito, como non podía ser menos ao poder degustar os comensales dúas das carnes de maior prestixio da nosa terra.
A nosa noraboa á organización da feira e aos criadores de Galiña de Mos de Val do Dubra polo gran traballo feito.


O Director Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, D. Antonio Oca Fernández observa os exemplares de Galiña de Mos na feira.

Avimós asistíu á feira cun stand publicitario acompañado do Pazo de Fontefiz (Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia) e das asociacións de criadores das razas bovinas e da Ovella Galega.

As xornadas gastronómicas sobre as carnes do Galo Mos foron un auténtico éxito un ano máis, puidendo disfrutar os consumidores da calidade do noso producto.