Na Feira do Galo de Curral de Vila de Cruces participaron oito criadores da raza.

Na Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces, celebrada o pasado 22 de decembro, participaron oito criadores de Galiña de Mos, que venderon varios dos exemplares no mercado que houbo.
Tamén se celebrou unha degustación na que participaron preto de vinte restaurantes da comarca, que prepararon o galo de diversas maneiras.
Nunha carpa paralela houbo unha exposición de razas de aves, existindo maioría de Galiña de Mos.
A xornada foi moi animada.
 

A empresa Galo Celta pon no mercado este Nadal, pularda asada.

A empresa Galo Celta, de David Sueiro, pon no mercado este nadal, unha pularda da nosa raza elaborada en colaboración coa empresa Euroambrosías, nunha edición limitada a 400 unidades, podéndoas atopar no Club del Gourmet de El Corte Inglés. A pularda ven cociñada e soamente necesita quentarse.
Máis información: campogalego

Galo Celta

Mañá celébrase a Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces.

Mañá día 22 celébrase a XVI Feira do Galo de Curral de Vila de Cruces, onde haberá exposición de aves vivas de razas españolas e degustación e venda de galos, estando presentes varios criadores de Avimós. Poranse á venda galos obtidos a partir da raza Galiña de Mos pero tamén outros galos  de estirpes industriais de crecemento rápido. 
É moi importante buscar o etiquetado específico da raza Galiña de Mos entre todos os exemplares.
Os galos obtidos a partir da raza Mos presentan un precinto vermello na pata, cunha numeración específica.

Animada Feira do Capón de Vilalba.

Celebrouse unha animada Feira do Capón de Vilalba, onde os dous criadores da raza, Francisco Monasterio e David Cristóbal, agotaron os capóns da nosa raza autóctona presentados. Foron os únicos capóns de raza da feira e os visitantes, mostráronse moi interesados en recibir información sobre as diferenzas existentes entre os produtos da raza Galiña de Mos fronte aos de estripes industriais.


Este domingo celébrase a Feira do Capón de Vilalba

Este domingo día 20 de decembro celébrase a Feira do Capón de Vilalba con apertura ao público ás 10 da mañá, pero OLLO, soamente dous produtores presentarán capóns feitos a partir da raza Galiña de Mos. Serán Francisco Monasterio e David Cristóbal con 51 exemplares.
Débese buscar o etiquetado específico da raza Galiña de Mos entre todos os exemplares.
Os capóns obtidos a partir da raza Mos, levan un precinto de cor azul na pata.
Son as únicas aves con garantía de raza que se presentan, o resto son capóns feitos a partir de polos de estirpes industriais.

A Galiña de Mos estivo en Melide.


Os días 12 e 13 de decembro a Galiña de Mos estivo na Feira Alimentaria Manxares, en Melide. Estivemos coa criadora do mesmo concello Dolores Mosteiro e o seu fillo Manuel, que impartiron información sobre a súa granxa e sobre a nosa raza.
A feira estivo moi animada e foi un bo escaparate para os produtos da zona.

 Tamén estivo David Sueiro, coa súa marca Galo Celta, presentando a pularda asada e o caldo de galiña vella, que fixo en colaboración co Corte Inglés, para este Nadal.

Un galo e unha Galiña de Mos entran nas aulas do colexio de Laxe.

O CPI Cabo da Area, de Laxe, na provincia da Coruña, recibíu unha visita destacada a pasada semana. Un Galo e unha Galiña de Mos entraron nas aulas de infantil, con motivo dunha charla didáctica impartida aos nenos dese colexio. 
Os rapaces disfrutaron moito observando aos exemplares e atendendo ás explicacións impartidas sobre a vida das galiñas e da súa cría.
Unha experiencia que se complementou coa incubación de ovos dos que saíron poliños, podendo ver os nenos o ciclo completo do nacemento do polo.
Para ver as fotos pulsar aquí.

A Galiña de Mos estará en Melide o próximo fin de semana.


Os días 12 e 13 de decembro a Galiña de Mos estará presente na Feira Alimentaria Manxares. A Criadora do mesmo concello Dolores Mosteiro e o seu fillo Manuel, disporán dun posto onde se ofrecerá información sobre a nosa raza e os seus produtos, ademáis de información sobre a súa granxa artesanal "A Eira do Porto".
Alí estaremos.

A Galiña de Mos estivo en Ordes

O sábado 5 de decembro celebrouse o I Feirón Adina, no recinto feiral de Mesón do Vento, no concello de Ordes. Alí estivemos acompañando á criadora Cruz Grille, que presentou uns exemplares da nosa raza e se repartíu moita infrormación publicitaria.

A tapa de Galo Mos gaña o concurso de tapas en Lugo

A tapa do Galo da nosa raza, chamada "Lagar de Mos" foi a gañadora no concurso de tapas do barrio da Milagrosa en Lugo. Esta tapa foi a primeira tanto no premio valorado polo xurado profesional coma polo público.
Noraboa aos hosteleiros e criadores que participaron nesta iniciativa.

Este xoves unha tapa de galo Mos en Santiago de Compostela.

Dentro do VIII Concurso de tapas de Santiago de Compostela, denominado Santiago(é)tapas, este xoves 19 de novembro, estará dedicada a diversos produtos das áreas cercanas á cidade, podéndose degustar no Restaurante O Ferro, unha tapa de Galo de Mos con níscalos, preparada polo restaurante DonDin de Vila de Cruces.

No concurso de tapas da Milagrosa haberá Galo Mos

No I Concurso de Tapas do barrio da Milagrosa, da cidade de Lugo, haberá unha tapa con pataca rechea de Galo Mos con salsa de queixo San Simón e salsa de arándanos. Esta tapa ofrecerase na cervecería Lagar, na Rúa Milagrosa 38. Os galos son proporcionados pola granxa Chousa do Lea. O concurso celébrase entre o 12 e o 22 de novembro.

A Expo-Degustación da Galiña de Mos de San Xiao de Mos bate o récord de asistentes.

A Exposición e Degustación da Galiña de Mos celebrada o domingo 25 de outubro na parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, batíu o récord de asistentes na súa sexta edición.
Máis de 1.000 persoas xuntáronse para degustar un menú composto por ovo de Galiña de Mos con patacas asadas, e galo e pularda da nosa raza, acompañado de queixo donado pola empresa Leitigal e tarta de améndoa.
A xornada na que colaboraron os criadores da zona, apoiados pola nosa asociación, o concello de Castro de Rei e a Deputación Provincial de Lugo foi un grande éxito.
Tamén se celebrou o primeiro concurso comarcal da Terra Chá da Galiña de Mos, resultando vencedores unha galiña de José Zapata Sánchez, de Castro de Riberas de Lea e un galo de Antonio Carballo Ameijeiras, de San Xiao de Mos. As aves foron valoradas polo Director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, D. Cástor Rivero.

Expo Degustación da Galiña de Mos

Este domingo celébrase a Expo Degustación da Galiña de Mos en Castro de Rei, Lugo, no pobo de San Xiao de Mos. Os criadores da zona organizan un ano máis, en colaboración co concello de Castro de Rei, unha degustación que se servirá nunha carpa para preto de 1.000 comensais.Noutra carpa anexa haberá exposición de exemplares de Galiña de Mos, de criadores da zona e da comarca da Terra Chá, patrocinada polo concello de Castro de Rei en colaboración con Avimós, así como outras actividades. Esperámosvos a todos.

Éxito dos produtos da Galiña de Mos en Londres.

Con motivo do evento Galician Gourmet Extravaganza, celebrado entre o 15 e o 18 de outubro no hotel Meliá White House de Londres, ofrecéronse case 500 menús con produtos de calidade galegos, sendo dous dos sete platos formados por produtos da Galiña de Mos, o primeiro sendo un ovo que o comensal tiña que romper, acompañado de chourizo de cabaza e tamén o Galo Mos con queixo de San Simón da Costa.
A prensa sinalou que o evento foi un grande éxito.


Fotos (Hotel Meliá White House)

O Galo Mos poderase degustar en Londres.

A partir da próxima semana o Galo Mos, poderase degustar nun dos mellores hoteis de Londres, no Meliá White House. O galo da nosa raza foi seleccionado como un dos produtos estrela para participar no menú que se dará con produtos galegos, nun evento denominado  Galician Gourmet Extravaganza, que se celebrará do 15 ao 18 de outubro na capital Londinense. Dous cociñeiros de Lugo escolleron os mellores produtos galegos, estando o Galo de Mos con cervexa negra.
A calidade dos nosos produtos segue a ser amplamente recoñecida.

Gran éxito da Galiña de Mos en Lugo

A Galiña de Mos foi unha das grandes protagonistas na feira Expolugo, celebrada os días 3 e 4 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.






A Galiña de Mos en Expolugo o vindeiro fin de semana.

Os próximos días 3 e 4 de outubro deste ano, vaise celebrar en Lugo outra edición da feira EXPOLUGO. Con motivo desta oportunidade, celebrarase o III Concurso-Exposición Monográfico Provincial de Lugo da Galiña de Mos. Está patrocinado pola Deputación Provincial de Lugo e a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo.
Tamén haberá desfile de gando o sábado a partir das 12 horas polo centro de Lugo, degustacións e outras actividades.

Estivemos na Feira do Poldro en Muras


O pasado sábado 26 de setembro estivemos na 38 Feira do Poldro e do Gando de Monte en Muras, na provincia de Lugo.
Houbo unha exposición de razas autóctonas, e alí estivemos repartindo material publicitario e dando información a todos os interesados.

Receta: Gallo de Mos asado al estilo de mi madre.

Hoxe presentámosvos unha fantástica receta de Rocío Garrido, do blog lacocinademiabuelo.
Galo Mos asado ao estilo da avóa.
Aquí se pode ver a preparación.

O galo Mos triunfa nas etapas da VUelta Ciclista.

Con motivo da celebración da Vuelta Ciclista a España, nas saídas das etapas e na zona vip, existíu unha zona de degustación de produtos, estando a marca E Para Comer Lugo, da Asociación de Hosteleros da Provincia de Lugo. Alí se promocionou entre outros o galo da nosa raza.
Tivo unha gran acollida, sorprendendo a calidade da súa carne.
O Director da Vuelta Ciclista, Javier Guillén acompañounos no stand de promoción na etapa en Luarca, na que estivemos co presidente da Asociación de Hosteleiros de Lugo.