A Galiña de Mos estivo en Boimorto

Na feira Magreco 2016 celebrada os días 19 e 20 de marzo en Boimorto, na provincia da Coruña, estivo presente a Galiña de Mos, nun posto onde estiveron varios criadores de Vila de Cruces que presentaron tamén unha parella de Piñeiras. Participaron David e Jorge Santos de Castelo de Alcobre, María José de Castro de Madrosende, Alex Fiuza e José Ramón Cillero.

Novas Xornadas do Galo Mos en Lugo.


A partir do 18 de marzo, no restaurante-pulpería Aurora en Lugo, celébranse unhas novas Xornadas do Galo Mos, organizadas xunto coa granxa Chousa do Lea que aporta os produtos da raza. Ata o día 3 de abril.

Avimós recoñecida como Embaixador Hostaleiro da Provincia de Lugo.


A Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos-AVIMÓS foi recoñecida onte, na gala anual da da hostalería lucense, como Embaixador Hostaleiro da provincia de Lugo, polo compromiso e esforzo empregado na posta en valor do noso produto e das producións galegas de calidade.


Xornadas Gastronómicas do Galo Mos en Vigo.

O Restaurante Asador Soriano en Vigo, celebra unhas xornadas do Galo Mos do 4 ao 18 de marzo.
Na páxina do restaurante podemos ver mais información: Asador Soriano

A Galiña de Mos ten un futuro enorme.

O medio dixital Campogalego, ven de publicar unha entrevista co Director Técnico da Raza, Diego Rois, publicado trala realización dunha tese doutoral sobre a nosa raza autóctona, na que se demostran grazas a un amplo estudo de investigación, as beneficiosas cualidades dos produtos da raza Galiña de Mos fronte aos que proveñen das estirpes industriais.
Pódese consultar a entrevista aquí.