O sabor da Galiña de Mos engancha.

O xornal El Progreso titula así a información sobre a Exposición e Degustación que se celebrou na parroquia de San Xiao de Mos, en Castro de Rei, Lugo.
A xornada foi un éxito, xa que se superaron amplamente as espectativas. Catro criadores da raza criaron os 200 galos e galiñas que se ofreceron no menú, que incluía ademáis da carne, un ovo de Galiña de Mos frito ademáis de postre de tarta de améndoas e queixo, de produtores locais. Repartíronse máis de 750 menús nunha carpa específica. 
Desde primeiras horas da mañá cociñáronse as carnes e a partir da unha do mediodía comezouse a servir o menú.
Houbo tamén unha exposición de exemplares de Galiña de Mos, na que participaron dez criadores da comarca da Terra Chá e tamén unha exposición de artesanía e de maquinaria antiga.

Expo Degustación da Galiña de Mos

O domingo 27 de outubro, a parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, celebra no campo da festa a exposición e degustación
que todos os anos fan para promocionar a nosa raza, que leva o nome do seu pobo.
Un grupo de veciños e criadores organizarán en colaboración co concello de Castro de Rei, unha degustación que se servirá nunha carpa para preto de 1.000 comensais.  
Nunha carpa anexa, haberá exposición de exemplares de Galiña de Mos, de criadores da zona e da comarca da Terra Chá, patrocinada polo concello de Castro de Rei en colaboración con Avimós.
Haberá tamén diversas actividades como unha exposición de maquinaria antiga, feira de artesanía e diversas actuacións que animarán a xornada festiva.

Como chegar: Coordenadas GPS: N-43° 9' 44.36" W-7° 32' 32.78"

Pinchar para abrir google maps.

A Galiña de Mos estivo no mercado SonDaqui

No mercado de San Agustín, na Coruña, celebrouse o día 12 de outubro un mercado de produtos de proximidade, no que houbo diversas actividades entre as que estaban ademáis da venda de produtos agroalimentarios, xornadas científicas co nome "Consume local, consume calidade". 
Ao mercado asistíu a criadora de Galiña de Mos Mari Luz Gómez e o seu fillo Jaime, que venderon ovo da nosa raza.
Tamén houbo un showcooking ofrecido polo restaurador Eduardo Pardo, que cociñou uns galos ofrecidos pola criadora Mariña Grille. Adrián, o seu sobriño, informou aos presentes dos métodos de cría que se lle ofrecen aos galos na súa granxa e o cociñeiro explicou como fixo a preparación das carnes e da súa impresión. O Director Técnico de Avimós, Diego Rois, falou das propiedades da raza e das características das súas carnes.
A xornada foi un grande éxito que demostra o futuro dos circuitos curtos de comercialización.

Sabes a diferenza entre o normal e o natural?

Fantástico vídeo feito en Australia por unha organización que traballa a prol dos animais. Non é necesario saber inglés... enténdese perfectamente.
Lembremos que na avicultura artesanal en Galicia, as aves críanse ao aire libre, de xeito natural.

Normal and Natural from Edgar's Mission Farm Sanctuary on Vimeo.

Resultados de Expolugo 2013


No Pazo de Feiras e Congresos de Lugo celebrouse os días 5 e 6 de outubro, unha nova edición do certame Expolugo. Nesta edición a Deputación de Lugo, a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e Avimós, organizaron un Concurso-Exposición Monográfico provincial da raza Galiña de Mos, no que participaron 40 exemplares. Os resultados foron os seguintes: 

Galo Mos durante a primeira quincena de outubro nun restaurante de Lugo

Desde este venres dia 4 poderase degustar o Galo da nosa raza no restaurante "SAN LAZARO" en Lugo, situado na nacional VI fronte ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
Os exemplares proceden da granxa de aviculturá artesá Chousa do Lea, en Castro de Rei, Lugo.

Expolugo 2013

Este fin de semana, os días 5 e 6 de outubro, celébrase no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo unha nova edición do certame Expolugo. Nesta edición celébrase un Concurso-Exposición Monográfico da provincia de Lugo da raza Galiña de Mos. Está patrocinado pola Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo.
A feira é de entrada gratuíta e haberá diversas mostras de gando, venda de produtos alimentarios e outras actividades.