Expo Degustación da Galiña de Mos

O domingo 27 de outubro, a parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, celebra no campo da festa a exposición e degustación
que todos os anos fan para promocionar a nosa raza, que leva o nome do seu pobo.
Un grupo de veciños e criadores organizarán en colaboración co concello de Castro de Rei, unha degustación que se servirá nunha carpa para preto de 1.000 comensais.  
Nunha carpa anexa, haberá exposición de exemplares de Galiña de Mos, de criadores da zona e da comarca da Terra Chá, patrocinada polo concello de Castro de Rei en colaboración con Avimós.
Haberá tamén diversas actividades como unha exposición de maquinaria antiga, feira de artesanía e diversas actuacións que animarán a xornada festiva.

Como chegar: Coordenadas GPS: N-43° 9' 44.36" W-7° 32' 32.78"

Pinchar para abrir google maps.