Resultados de Expolugo 2013


No Pazo de Feiras e Congresos de Lugo celebrouse os días 5 e 6 de outubro, unha nova edición do certame Expolugo. Nesta edición a Deputación de Lugo, a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e Avimós, organizaron un Concurso-Exposición Monográfico provincial da raza Galiña de Mos, no que participaron 40 exemplares. Os resultados foron os seguintes: 
Na categoría de machos:
-Primeiro premio para un galo propiedade de José Zapata Sánchez, de Castro de Rei.
-Segundo premio para un galo propiedade de JoséLuis Freire Castedo, de Pol. 
-Terceiro premio para un galo propiedade de Francisco Lozano Rouco, de Vilalba. 
Na categoría de galiñas: 
-Primeiro premio para unha galiña propiedade de Luis Fernández Fernández, de Riotorto. 
-Segundo premio para unha galiña propiedade de Francisco Monasterio Solveira, de Vilalba. 
-Terceiro premio para unha galiña propiedade de Daniel Sánchez Galache, de Castroverde. 
O venres día 4, houbo polo centro de Lugo, un desfile de gando onde tamén participaron un galo e unha galiña de Mos, que ían subidos nun carro.