Estivemos na Feira do 21 en Piloño.

O pasado domingo 19 de agosto a Galiña de Mos estivo na Feira do 21 celebrada na parroquia de Piloño, no concello de Vila de Cruces. Alí estiveron os criadores José Ramón Cillero, María José da granxa Castro de Madrosende e David Santos da granxa Castelo de Alcobre.

A Galiña de Mos estará en Piloño.

O vindeiro domingo 19 de agosto a Galiña de Mos estará na Feira do 21, en Piloño, Vila de Cruces. Os criadores de Castelo de Alcobre, José Ramón Cillero e Castro de Madrosende, asistirán cun posto con exemplares da nosa raza e moita información das súas granxas e de Avimós.
Animámosvos a todos a visitalos.

A Galiña de Mos participará na Vuelta Ciclista a España

Un ano máis colaboramos coa Asociación de Hostaleiros da provincia de Lugo na promoción dos produtos de calidade galegos, durante a "Vuelta Ciclista a España". O luns 13 de agosto asistimos á presentación na oficina de turismo de Lugo. Alí víuse como os produtos da Galiña de Mos e da Ovella Galega estarán presentes nas etapas de toda España.



A Galiña de Mos estivo en Sober.

O pasado 12 de agosto con motivo da Feira da Rosca de Sober, celebrouse unha exposición de avicultura na que a nosa raza tivo presenza. O criador Gonzalo Rodríguez Lamblín levou exemplares de Galiña de Mos a unha exposición que estivo moi concurrida.