No colexio de Parga naceros polos de Galiña de Mos.

No Colexio Público Santo Estevo de Parga, provincia de Lugo naceron polos da nosa raza. Poucos polos naceron neste caso debido a unha avería da incubadora, pero conseguiuse o obxectivo de observar o nacemento dun pequeno lote. Falámoslles á rapazada das características da Galiña de Mos.






En Rábade naceron poliños.

No CEIP Otero Pedrayo, en Rábade, provincia de Lugo, veñen de desfrutar doutra experiencia de incubación con poliños da nosa raza. Os alumnos e alumnas aprenden o ciclo da incubación e nacemento, para posteriormente observar os primeiros días de vida.






Charla e ncementos no IES Arzúa.


No mes de febreiro O alumnado de 2° CM de Dual de Produción Agroecolóxica, no módulo de Produción Gandeira incubaron ovos de Galiña de Mos. Ovos que foron cedidos pola nosa asociación. O alumnado pudo levar a cabo, todo o proceso de incubación e eclosión dos poliños, observando a fertilidade mediante un ovoscopio. Posteriormente os poliños foron pasados a unha criadora, onde o alumnado coida dos mesmos, facendo labores de limpeza e alimentación. Tamén lles impartimos unha charla sobre métodos de crianza dos polos

A Galiña de Mos estivo no Valadouro.

O pasado 4 de febreiro os nosos criadores Luis Fernandez Fernandez, Pablo Val, Francisco J. Monasterio Solveira asistiron á IV Feira de Razas Autóctonas da Mariña, que se celebrou no Valadouro.