No CEIP Terra Chá fixeron unha boa iniciativa.

Asistimos no Ceip Terra Cha, en Vilalba, á presentación no seu centro do progama "Mestresgandeiros" no que participou a nosa asociación. Fai dous meses fixemos unha incubación no colexio e desde o día de nacemento dos polos, os alumnos e alumnas están a coidar das aves de Galiña de Mos, nun galiñeiro de recente construcción. Tamén instalaron un invernadeiro para que os cativ@s podan familiarizarse coas hortalizas. Unha grande ensinanza para a rapazada.





En FITUR falouse da Galiña de Mos.

Participamos na Feira Internacional do Turismo FITUR ,invitados pola Asociación de Empresarios de Hosteleria da Provincia de Lugo. Asistimos á presentación da guía turística da provincia de Lugo E Para Comer Lugo na que participamos como colaboradores en diversos actos do pasado ano. Tamén aproveitamos para intercambiar contactos con hostaleiros de Madrid e presentar os produtos das nosas razas autóctonas na Casa de Galicia en Madrid.






Canelón de Galo de Mos no Campeonato oficial Hostelería de España-Tapas y Pinchos.

Un canelón de Galo de Mos, castañas de O Courel e aceite de Quiroga foi a proposta que levou a provincia de Lugo ao Campionato de España de tapas e pinchos. A Asociación Provincial de Empresarios da Hostelería de Lugo (APEHL) contou co produto da nosa raza para participar neste importante certame celebrado en Madrid Fusión, o que é unha importante promoción dos produtos da nosa raza na capital de España.
Máis info aquí




Palabra do mellor cociñeiro do mundo.

 Dabiz Muñoz, que posúe o título de mellor cociñeiro do mundo no ano 2022 e por dous anos consecutivos leva gañado, realizou unha paella con Galo de Mos para desexar a todo o mundo un bo nadal. No vídeo que publicou en instagram e foi visto xa por máis dun millón de persoas, falou no seu estilo, marabillas da carne dos galos da raza Galiña de Mos.

Para ver o vídeo pulsar aquí.