Xornadas do Galo Mos no restaurante Aurora, en Lugo.

Do 24 de abril ao 3 de maio celebraranse unhas xornadas do Galo Mos no restaurante-pulpería Aurora, na cidade de Lugo. As aves son proporcionadas pola granxa Chousa do Lea.

O Galo Mos estivo no certame Compostela Gastronómica.

Compostela Gastronómica é unha iniciativa impulsada por Turismo de Santiago de Compostela, na que se fan durante varios días diversas actividades centradas no mundo da cociña.
O pasado luns 20 de abril, impartíuse un taller no que o galo foi o protagonista. No mercado de abastos da capital de Galicia o chef asturiano Nacho Manzano, con dúas estrelas michelín, deu unha clase con galos proporcionados pola granxa Galo Celta, elaborados con diversas preparacións.

Un novo criador estréase na web.

A criadora María Fernández Martínez e o seu marido Pepe, en Nogueiró, concello de Cartelle, provincia de Ourense, etréanse na web para promocionar a súa crianza coa Galiña de Mos.
Pódese ver a páxina no seguinte enlace: http://www.oseara.es/

A Galiña de Mos estivo en Pedrafita e Triacastela.

Tanto na Feira do Queixo do Cebreiro, coma na Feira de Artesanía e Produtos da zona de Triacastela estivo a Galiña de Mos. O criador Roberto Raposo, de Pedrafita asistíu aos dous eventos con varios exemplares e tamén, na feira de Triacastela estivo o criador do mesmo concello Jorgue Anguez. 
Foron unhas feiras moi animadas e con bo tempo.