A Galiña de Mos de campamento en Bule Bule.

Os nenos do campamento de verán de Bule Bule, en Monforte de Lemos, poderon disfrutar da visita de exemplares da raza Galiña de Mos. Galiñas e poliños fixeron as delicias dos máis pequenos, podendo ver o ciclo da vida das nosas aves e dos ovos, coñecendo as súas características. A iniciativa e as aves foron do criador José Manuel Garrido da Granxa de Pantón.

A Galiña de Mos na Vuelta Ciclista a España.

Un ano máis os produtos da Galiña de Mos están a ser protagonistas na Vuelta Ciclista a España, grazas á invitación da Asociación de Hosteleiros da Provincia de Lugo, que desplazan un posto da marca E Para Comer Lugo e presentan produtos de calidade galegos. Nas saídas de todas as estapas promociónanse os produtos da nosa raza.


A Galiña de Mos en Zas

En Fornelos, no concello de Zas, celebrouse o 20 de agosto unha Ecomercado na que participou o criador Gervasio Mouro, que presentou varios lotes de exemplares, repartíndose información sobre a nosa raza.

A Galiña de Mos estivo na Golada

O 9 e 10 de xullo o criador David Sueiro, coa súa marca Galo Celta estivo na Feira de Artesanía da Golada, presentando produtos elaborados a partir da raza Galiña de Mos. Entre outros caldo de galiña, ovos e embutidos como salchichón e chourizo de galo.