En Pontevea falouse da nosa raza.

No Pernas Multicentro que existe en Pontevea, no concello de Teo, celebráronse o 27 de xullo, varias actividades con motivo do seu 150 aniversario. Alí estivo Rafael Carbajales, da granxa Eo dos Menecos, que impartíu varias charlas e degustacións dos seus produtos, dos que é proveedor.

En Alfoz estivo a nosa raza.

A Galiña de Mos estivo presente no XXI Mercado Medieval de Alfoz, nun fermoso lugar baixo a torre fortaleza de Pardo de Cela. O criador Pablo Val asistíu cos seus exemplares.


A Galiña de Mos estivo en Pazos de Arenteiro.

Os pasados días 13 e 14 de xullo, a Galiña de Mos estivo presente na III edición da recreación da batalla de Pazos de Arenteiro. Con motivo dos obradoiros e exposicións ceebradas, a criadora María Belén Maceda, presentou un posto de Galiña de Mos para promocionar os seus produtos.


A nosa raza estivo de feira en Boborás.

Con motivo da celebración da II Feira en Feás, no concello de Boborás, provincia de Ourense, a criadora Belén Maceda, asistíu cos seus exemplares, ofrecendo información sobre a Galiña de Mos.

Nun colexio de Monforte naceron poliños.

No colexio Ferroviario en Monforte de Lemos, naceron 14 poliños da nosa raza trala incubación feita de 18 ovos. Estivo presente o criador Ramón Vázquez, que lle falou aos alumnos da súa experiencia na crianza da Galiña de Mos.

A Galiña de Mos estivo no Arde Lucus

Sandra López coa súa granxa Aeiroá, participou no campamento romano de "Lucus Equites" na celebración en Lugo do Arde Lucus.